mércores, 29 de abril de 2020

29.04.20 Información sobre a desescalada e pautas psicolóxicas

Estamos a vivir unha situación de incertidume, non so para as persoas maiores, senón que as nenas e os nenos tamén sinten a mesma sensación e precisan respostas claras. 

😒Pódeselles transmitir certa incertidume, xa que hai aspectos que aínda non foron aclarados en canto á desescalada do confinamento (Volveremos ao cole? Volverán os de infantil e nós non? Haberá exames? etc.), pero é preciso, en canto se teña a información, facilitarlla para rebaixar o seu nivel de incertidume, o que dará lugar a maior seguridade e tranquilidade. 💭

Información sobre a desescalada comunicada o martes 28 polo Goberno.

Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico do confinamento polo coronavirus:

martes, 28 de abril de 2020

Unha ave aniñou na escola!

Botades de menos a escola? Mirade quen se achegou estes días ata alí... 🐦

#TeachersforFuture

-----------------------------
No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

28.04.20 Para o alumnado máis novo (tamén para maiores)

Para nenas e nenos máis peques (pero que tamén poden facer se son maiores):

28.04.20 Para o alumnado de 6º de Primaria, confinamento durante a adolescencia

domingo, 26 de abril de 2020

26.04.20 Grazas a vós.

Queremos dar as grazas ás nais, aos pais, a todas as persoas que estades a ser profes estes días na casa, axudando ás nenas e aos nenos nas tarefas que recibides do cole. 
Grazas por abrir as mensaxes de abalar, edixgal, do correo electrónico, do drive... cada día para recibir as novas do cole.
Grazas por acceder a cada blog (inglés, biblioteca, educación física, orientación...) para coñecer as diferentes propostas.
Grazas por dedicar parte do voso tempo a realizar xuntos o que achegades para a "Hora de Ler na distancia con...", para o mural colectivo de ánimo, para o reto lector #DíadoLibro, para a representación de Arts... 
Grazas por axudar ás nenas e aos nenos coas tarefas do cole, por darlles indicacións, por correxirlles cando se equivocan, por ver xuntos as correccións que vos envía o profesorado, por animalos cada día a poñerse coas tarefas escolares...
Grazas por axudalos a conectarse a través das chamadas, videoconferencias, chats...

Sabemos que non está a ser fácil, por iso temos moito que agradecervos. Sen vós, sería moi difícil. Traballamos porque vós, nais, pais, avoas, avós, tías, tíos... estades aí para axudar ás nosas alumnas e aos nosos alumnos. Sen vós sería imposible.

Queremos compartir un vídeo que nos emociona, agardamos que a vós tamén. O noso agradecemento vai para vós.

sábado, 25 de abril de 2020

Saída con nenas e nenos a partir do domingo 26

Aquí tedes as recomendacións do departamento de orientación para planificar as vosas saídas a partir do domingo 26 tendo en conta as limitacións establecidas polo goberno. 

-----------------------------
No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

25.04.20 Empatía na corentena

------------------- No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

venres, 24 de abril de 2020

Conto sobre a saída de menores durante o confinamento

Conto El coronavirus y los niños.

24.04.20 Videotitorial para alumnado de 5º e 6º de Primaria

Videotitorial para ditar por voz ao teu ordenador. Para empregalo fai falla que teñades unha conta en gmail, se non tedes unha conta, a vosa nai ou o voso pai pode crear unha conta para menores. 

-----------------------------

No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. 
Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

xoves, 23 de abril de 2020

23.04.20 Día do Libro: retáronnos!!!

Hoxe, Día do Libro, a Asociación Juan XXIII retou ao noso cole!!! 😱

O reto consiste en realizar lecturas de contos e libros de inclusión, valoración da diversidade, aceptación das diferenzas... Se non tedes na casa, atoparedes en "Libros para nenas e nenos".

Seremos quen de conseguilo? Seguro que si!!!  👍

Veña, gravade a vosa lectura e enviádea a biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com 💪

Un agasallo para o noso alumnado polo Día do Libro

mércores, 22 de abril de 2020

22.04.2020 Día nacional da FQ (fibrose quística)

Hai un grupo de persoas con moita experiencia en coidarse, con moito medo ao contaxio por COVID-19, son as persoas con FQ, siglas de Fibrose Quística. 

Hoxe, 22 de abril, celebramos o Día Nacional da Fibrose Quística.

Dende aquí dámoslle un forte 👏👏👏👏a todas estas persoas tan expertas en coidarse 😉

Aquí podedes ler o libro Charlando con Charlie, un libro sobre Dani, un neno con FQ.

22.04.20 Rir é moi importante para a nosa saúde

No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

martes, 21 de abril de 2020

Información sobre a saída de menores 21.04.2020

En rolda de prensa, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, rectificou a información facilitada esta mañá respecto á saída de menores de ata 14 anos. Si poderán saír a dar paseos.

21.04.20 E se xogamos á oca?

Queredes xogar á oca do confinamento? A oca é un xogo xenial para peque e maiores

dddd

1) Se tedes na casa impresora e tinta, podedes imprimir o xogo: en ningún caso vos arrisquedes a saír da casiña para fotocopiar (sentidiño!). 

2) Se tedes un portátil ou móbil, podedes xogar sobre a pantalla: iso si, coidadiño! 

 Está xenial porque incorpora o dado e as fichas. 1, 2, 3... a xogar!!!

luns, 20 de abril de 2020

20.04.20: Xuntos lograremos vencer ao virus!

Martina e Marcos quedan na casa. 

---------------------

No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

A música que nos motiva durante o confinamento

O noso mural continúa a medrar

Convivencia escolar en tempos de COVID-19

-------------------------------------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com.

domingo, 19 de abril de 2020

19.04.20 Xogamos ao veo-veo?

Boas! Hoxe traémosvos un xogo para traballar o vocabulario e no que tedes que prestar moita atención para facelo xenial( ͡👁️ ͜ʖ ͡👁️)

----------------------------- No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

sábado, 18 de abril de 2020

Saída de menores durante o estado de alarma.

Información de interese para as familias en relación coa comparecencia de Pedro Sánchez o sábado 18 de abril:

​"Va a haber distintos estados de alarma. Los progresos en estas cinco semanas nos permiten tomar decisiones. Les anuncio, tras consultar a los especialistas y al comité científico, que mañana trasladaré a presidentes autonómicos y a las Cortes el parecer favorable de aliviar el confinamiento de los más pequeños a partir del 27 de abril. Tomaremos medidas para el desconfinamiento de nuestros más pequeños para que puedan salir a la calle".
Estableceranse as medidas concretas de seguridade en relación coa saída de menores ás rúas para disfrutar do aire libre durante un tempo ao día. 

Cada vez queda menos tempo para visitar os lugares que máis nos impresionan. 

É importante facilitar esta información a nenas e nenos, incluso riscando cada día que pasa nun calendario, para xerar nas nenas e nenos unha motivación durante o confinamento.

Webinar para familias e profesorado

Participa nesta actividade formativa para nais, pais e profes da man de Coral Elizondo o sábado 18 ás 18h.

18.04.20 O taboleiro do alumnado, familias, persoal non docente, profes...

Aquí temos unha pizarra para que alumnado, familias, persoal non docente, profes... publiquemos o que desexemos compartir con toda a comunidade educativa. Dádelle ao botón + e publicade. A única indicación é que sexa contido respectuoso coa diversidade de persoas que facemos o cole ツ
Hecho con Padlet
COPIAR

venres, 17 de abril de 2020

17.04.20: Hoxe imos facer... ximnasia cerebral!

Aquí tedes un vídeo con exercicios para facer ximnasia cerebral. Son so 3 exercicios!

Semellan complicados pero merece a pena intentar facelos para exercitar o noso cerebro. Podedes repetilos todas as veces que queirades ata dominalos. Ah! E reta á familia!

--------------------------
No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

xoves, 16 de abril de 2020

Actividade formativa para docentes e familias

Accede a esta actividade formativa que terá lugar o mércores 22 de abril ás 12h, destinada a familias e docentes en relación coas emocións das nenas e nenos neste tempo de confinamento.

Webinar gratuíto para as familias o 17 de abril

Animámosvos a participar na seguinte sesión de formación online para familias:

 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeWgvGkpO3HW9Vt-VkVMa86AMNfLDV49mQGMBn9kIQ6XpeGoA/viewform

Pinchade na imaxe para acceder á información. Aí nos vemos!

16.04.20: Día internacional contra a escravitude infantil.

Hoxe é o Día internacional contra a escravitude infantil.

Con tan so catro anos de idade, Iqbal Masih, un neno pakistaní, foi obrigado polo seu pai a traballar de sol a sol nunha fábrica de alfombras para saldar a débeda de 600 rupias (9 euros) que o seu proxenitor adquirira pola boda do seu irmán maior.
Un domingo de 1992, con dez anos, logrou escapar da fábrica e comezou a dedicar a súa vida a denunciar a situación que viven millóns de nenas e nenos de xeito invisible. Pero un fatídico día, tras lograr o peche da fábrica na que traballou tantos anos e que o seu dono acabara no cárcere, Iqbal foi abatido a disparos mentres se desprazaba na súa bicicleta de camiño á súa casa. Tiña 12 anos.
A pesar da súa tráxica e curta vida arrebatada, Iqbal Masih logrou converterse nun símbolo da loita contra a escravitude infantil. 
Información de National Geographic.

----------------------------------------------
No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

16 de abril, Día Mundial da Voz

A mestra de Audición e Linguaxe comparte con nós estes consellos para o coidado da nosa voz polo Día Mundial da Voz.

mércores, 15 de abril de 2020

15.04.20 E como se di "Eu quedo na casa" en Lingua de Signos?

Queredes aprender Lingua de Signos? 👐

Aquí temos a web da Fundación CNSE onde atoparedes o alfabeto e vocabulario en Lingua de Signos. 

Retámosvos a aprender a dicir "Eu quedo na casa" en Lingua de Signos 🏡🏢

martes, 14 de abril de 2020

14.04.2020: Axuda a nenas, nenos e ás súas familias en caso de violencia

A profe Finu, o profe Manu e a orientadora Vanessa desexamos que esteades moi ben de saúde. Co noso ánimo ides contar para avanzar neste trimestre.

Hoxe traemos ás familias información que é preciso ter en conta:
Segundo a Fundación ANAR (Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco) "a violencia cara menores está aumentando co confinamento e agrávase cada día de illamento". Accede á noticia completa:

Aquí vos deixamos o chat e o email de ANAR para contactar con persoas expertas que poden resultar de axuda en caso de presenciar ou estar a vivir situacións de violencia:

mércores, 8 de abril de 2020

Lean on me

Hai uns días do pasamento de Bill Wither. Queremos compartir con vós unha canción que transmite o valor da cooperación, quizais uns días ti necesites alguén en quen apoiarte, outros días quizais sexa eu quen necesite alguén en quen apoiarme. Enjoy it!

martes, 7 de abril de 2020

Parabéns ao cole Virxe Milagrosa

Parabéns ao alumnado de 3º ESO do CPR Virxe Milagrosa de Bueu por gañar na categoría (C) a fase autonómica do Concurso Escolar da ONCE. 

Na categoría na que participamos nós (B), pasamos a fase provincial con 5º de Primaria e foi gañador da autonómica o CEIP Castrelo de Miño con esta bandeira empregando o Sistema NEUE que inclúe o Braille.

7 de abril: Día Mundial da Saúde.

O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, que tanto significado está a cobrar no noso contexto actual. Según a OMS "a saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades".

En 1948, a Primeira Asemblea Mundial da Saúde propuso que se establecera un «Día Mundial da Saúde» para conmemorar a data de fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Hoxe, martes 7 de abril, charla Mindfulness en familia

Martes 7 de abril ás 18h. Participa!

Charla "Claves para la gestión de las emociones" con Rafael Guerrero

Animádevos a escoitar esta charla online que tivo lugar o 8 de abril:

venres, 3 de abril de 2020

Día 19. 03.04.20 Chegan as vacacións!

Hoxe chegan as vacacións e pode que sexan algo ou bastante diferentes das vacacións que nos gustarían pero é preciso desconectar un tempo. Nós continuaremos a actualizar recursos do blog e volveremos facer unha entrada diaria a partir do martes 14.

Queremos agasallarvos co mural online que entre tantas persoas 👫👪👭👬 conseguimos levar a cabo. 

Se aínda non o fixestes, podedes enviar o voso debuxo, foto, manualidade... para o mural ao email montemogosorienta@gmail.com 

Se remata a canción, atópase outra! Incluso podedes recomendarnos no email unha canción para darlle continuidade!!! 🎵

No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

Día 18. 2 de abril de 2020

Hoxe é o Día mundial de concienciación sobre o autismo. Os últimos cursos celebramos esta data no colexio, este ano convidámosvos a sumarvos a estas iniciativas:

A campaña "Podo aprender. Podo traballar" e o acto Light it up blue:

--------------
No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

mércores, 1 de abril de 2020

Día 17. 1 de abril de 2020

Hoxe queremos enviar unha mensaxe positiva ás persoas que estades exercendo ao tempo de nais, pais, mestras, mestres, orientadoras, orientadores... adicándoos non so ao coidado de nenas ou nenos, senón tamén a reforzar as aprendizaxes da escola. 

Merecédesvos (merecémonos 😉) un gran aplauso 👏👏👏

Nesta charla, que Pilar Jericó titula "Os nosos fillos son os nosos espellos, os nosos mestres", fálanos da necesidade de confiar nelas/neles, de facerlles sentirse importantes, da escoita..., resulta moi interesante para enfrontar con ánimo e con positivismo as relacións coas nenas e cos nenos nestes días nos que podemos estar a compartir moito máis tempo na casa.