mércores, 20 de marzo de 2013

Connosco... "Oliver Button"

Na biblioteca puidemos disfrutar coa representación de "Oliver Button é unha nena", adaptada polo alumnado do colexio Virxe Milagrosa co gallo da conmemoración do 8 de marzo, data na que a representaron no Concello. 

Agora tocoulle a quenda ao noso colexio, o primeiro no que levaron a cabo esta fantástica representación en relación coa igualdade de xénero.


sábado, 16 de marzo de 2013

Aprendizaxe cooperativa



Desde aquí podedes achegarvos a un experto en aprendizaxe cooperativa, o profesor Pere Pujolás. Trátase dun relatorio no que trata aspectos relevantes dunha experiencia que vai máis alá dunha metodoloxía.

Dispoño doutros recursos que poden ser de interese para o profesorado en relación coa aprendizaxe cooperativa, podedes facerme as vosas peticións a través dun comentario a esta entrada do blog.

O blog de orientación como ferramenta para a comunidade educativa