O 2 de abril conmemórase o Día mundial do autismo. Como nesa data non estaremos na escola, hoxe decidimos coñecer máis sobre as necesidades das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) para comprendelas mellor de cara a acadar unha mellor inclusión na escola e na sociedade.
Aprendemos que no símbolo do infinito teñen cabida a diversidade de persoas con TEA, que teñen diferentes necesidades e que, ao igual que calquera persoa, todas queren sentirse comprendidas, aceptadas e incluídas.