luns, 8 de maio de 2023

Bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2023/2024

Dende o 8 de maio e ata o 20 de setembro (inclusive) está aberto o prazo para solicitar as Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Atoparedes aquí o acceso á web do Ministerio de Educación para realizar a solicitude que debedes imprimir e presentar no colexio.

Este curso hai unha novidade importante: todas as familias, independente do nivel de renda, poderedes solicitar o subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que ten unha cantidade fixa de 400€ que poderá ser percibido por todos os solicitantes e que será compatible co resto de axudas e subsidios regulados na convocatoria. 

Se precisades información, podedes contactar coa orientadora nos teléfonos:

886 15 11 13 (Cela)

886 15 11 14 (Beluso)