mércores, 26 de setembro de 2012

Ve o teu fillo ou filla demasiada televisión? É algo tirano ou tirana? Podes atopar consellos en relación con estes temas ou outros do teu interese no seguinte enlace ao programa da TVE "Escuela de Padres... en apuros".
Escuela de padres - 02/01/10

mércores, 5 de setembro de 2012

Becas para o alumnado con necesidades

Ata o 25 de setembro está aberto o prazo para a solicitude das becas para o alumnado con necesidades educativas especiais para o curso 2012/2013. Atoparedes máis información na web do ministerio ou preguntade á orientadora.

martes, 31 de xaneiro de 2012

Familias, achegádevos á orientadora se...

... Precisades de axuda porque queredes que melloren os hábitos, as tarefas, as relacións... do neno ou nena.
... Considerades necesaria unha valoración dalgún aspecto ou global (cognitivo, lingüístico, psicomotor...) do neno ou nena.
... Precisades de información sobre un gabinete, centro, especialista... ao que levar ao neno ou nena.
... Ou para asesorarvos en relación con calquera aspecto que vos estea a preocupar do voso neno ou nena.