Queremos dar as grazas ás nais, aos pais, a todas as persoas que estades a ser profes estes días na casa, axudando ás nenas e aos nenos nas tarefas que recibides do cole.
Grazas por abrir as mensaxes de abalar, edixgal, do correo electrónico, do drive... cada día para recibir as novas do cole.
Grazas por acceder a cada blog (inglés, biblioteca, educación física, orientación...) para coñecer as diferentes propostas.
Grazas por dedicar parte do voso tempo a realizar xuntos o que achegades para a "Hora de Ler na distancia con...", para o mural colectivo de ánimo, para o reto lector #DíadoLibro, para a representación de Arts...

Grazas por axudar ás nenas e aos nenos coas tarefas do cole, por darlles indicacións, por correxirlles cando se equivocan, por ver xuntos as correccións que vos envía o profesorado, por animalos cada día a poñerse coas tarefas escolares...
Grazas por axudalos a conectarse a través das chamadas, videoconferencias, chats...
Sabemos que non está a ser fácil, por iso temos moito que agradecervos. Sen vós, sería moi difícil. Traballamos porque vós, nais, pais, avoas, avós, tías, tíos... estades aí para axudar ás nosas alumnas e aos nosos alumnos. Sen vós sería imposible.
Queremos compartir un vídeo que nos emociona, agardamos que a vós tamén. O noso agradecemento vai para vós.

Todos e todas formamos unha gran familia agora máis que nunca. Gracias por estar aí apoiando. Biquiños na distancia solidarios.
ResponderEliminarGrazas tamén a ti, María José, por estar aí.
ResponderEliminar