venres, 3 de abril de 2020

Día 19. 03.04.20 Chegan as vacacións!

Hoxe chegan as vacacións e pode que sexan algo ou bastante diferentes das vacacións que nos gustarían pero é preciso desconectar un tempo. Nós continuaremos a actualizar recursos do blog e volveremos facer unha entrada diaria a partir do martes 14.

Queremos agasallarvos co mural online que entre tantas persoas 👫👪👭👬 conseguimos levar a cabo. 

Se aínda non o fixestes, podedes enviar o voso debuxo, foto, manualidade... para o mural ao email montemogosorienta@gmail.com 

Se remata a canción, atópase outra! Incluso podedes recomendarnos no email unha canción para darlle continuidade!!! 🎵



No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

Ningún comentario:

Publicar un comentario