venres, 9 de decembro de 2022

Contacontos en prol da igualdade.

Esta semana, por xentileza do CIM do Concello de Bueu, tivemos connosco a Uxía González Morán, actriz e contacontos, con diferentes contos que rachan cos estereotipos de xénero á procura dunha sociedade máis igualitaria.  




domingo, 20 de novembro de 2022

20 de Novembro: Dereitos da Infancia.

Hoxe conmemórase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Hai nenas e nenos aos que non se lles permite gozar destes dereitos.

Aquí temos recollidos algúns dos seus dereitos:









venres, 18 de novembro de 2022

25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O 25 de Novembro realizaremos a Marcha contra a Violencia de Xénero como mostra de repulsa ante este problema que nos involucra a todas as persoas.

Este é o cartel das actividades organizadas polo Concello de Bueu con motivo desta data:



martes, 8 de novembro de 2022

Autonomía e autoestima

Bo día! Pinchando na imaxe accederás a un artigo interesante publicado no Faro da Escola (Faro de Vigo) para familias e docentes, en relación coa autonomía e a autoestima de nenas e nenos.



venres, 4 de novembro de 2022

Acoso escolar

Javier Lago, músico pontevedrés, é o compositor e cantante desta canción na que saca á luz que foi vítima de acoso escolar.



martes, 20 de setembro de 2022

Coñeces o Servizo de Atención Temperá do Concello de Bueu?

O SAT de Bueu consiste nun servizo gratuíto para nenas e nenos de 0 a 6 anos que inclúe logopedia, fisioterapia e psicoloxía. Xa sexas nai ou pai ou profesional, podes asistir á presentación deste servizo.



sábado, 2 de xullo de 2022

Feliz verán!

Chegou o final do curso, un curso diferente para min, a orientadora, no que compartín por vez 1ª o cole de Beluso e o cole de Cela e no que tiven a sorte de coñecer a moitas máis persoas extraordinarias das que xa coñecía. 

Deséxovos moi bo verán e ogallá poidamos volver coincidir o curso que vén.

Para vós, esta canción: 



martes, 7 de xuño de 2022

Ana Couto en streaming

Un tema moi interesante, disciplina positiva, con Ana Couto, pedagoga, coach familiar e, sobre todo, experta na crianza. 




xoves, 2 de xuño de 2022

Visita ao IES Illa de Ons

O alumnado de 6° xa coñece o IES Illa de Ons

Tivemos a oportunidade de visitar o instituto adscrito aos colexios de Cela e Beluso.  Ademais de visitar o centro da man de alumnado-guía de 1°ESO, resolvemos as nosas dúbidas coa orientadora e a directora do Instituto, levamos a cabo unha actividade de presentación do alumnado de ambos colexios (aínda que xa fixeramos actividades conxuntas a distancia ao longo deste curso) e finalizamos cunha posta en común sobre o libro Invisible que lemos as dúas clases de ambos colexios durante os últimos meses.

Foi un día fantástico, cheo de moita emoción, inquedanza, ilusión... 



sábado, 28 de maio de 2022

Bolsas para acneae

O prazo para presentar no colexio a solicitude de Bolsa para alumnado con necesidade específica de apoio educativo está aberto dende o 19 de maio ata o 30 de setembro. 

+ Información: web do Ministerio

Ou chamando á orientadora:

Cela:     886 15 11 13

Beluso: 886 15 11 14

Alumnado beneficiario:

A) O alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastorno grave de conduta, ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais poderá obter as axudas ou subsidios a que se refiren os apartados a) e b) do artigo 1, para o que deberá reunir os seguintes requisitos: 

1. Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2021. 

2. Estar escolarizado en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario o en centro ordinario que escolarice alumnado que presenta necesidades educativas especiais. 

3. Estar cursando algún dos seguintes niveis educativos (entre outros):

a) Educación Infantil. 

b) Educación Primaria. 

4. Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante: 

- Certificado de discapacidade de, polo menos, o 33 por cento no caso de alumnado con discapacidade.

- Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma ou certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente, no caso de alumnado con trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais. 

5. Ademais, para obter o subsidio requirirase ser membro de familia numerosa de calquera categoría, de acordo coa normativa vixente a con data do 31 de decembro de 2021. 

B) O alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista) non incluídos na letra A) anterior poderán obter as axudas ou subsidios a que se refiren os apartados a) e b) do artigo 1 desta convocatoria, para o que deberán reunir os requisitos exixidos nos apartados 1, 2 e 3 anteriores, aportar certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos e acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente. 

Alumnado de altas capacidades:

Requisitos: 

1. Presentar necesidade específica de apoio educativo asociada a alta capacidade intelectual sempre que dita necesidade fora acreditada mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente. 

2. Ter cumpridos seis anos de idade a 31 de decembro de 2022.

3. Estar cursando algún dos seguintes niveis educativos (entre outros):

Educación Primaria.

UMBRAIS DE RENDA FAMILIAR:

Familias dun membro: 11.937,00 euros 

Familias de dous membros: 19.444,00 euros 

Familias de tres membros: 25.534,00 euros 

Familias de cuatro membros: 30.287,00 euros 

Familias de cinco membros: 34.370,00 euros 

Familias de seis membros: 38.313,00 euros 

Familias de siete membros: 42.041,00 euros 

Familias de ocho membros: 45.744,00 euros

A partir do oitavo membro engadiranse 3.672 euros por cada novo membro computable da familia.


venres, 20 de maio de 2022

Charla para as familias: 24 de maio ás 17h

Se es mamá, papá, avó, avoa, tía... de alumnado do colexio, podes asistir á charla para familias sobre USO E RISCO DAS TECNOLOXÍAS.

Terá lugar o martes 24 de maio ás 17h no colexio Beluso organizada pola Asociación Érguete. Agardámoste!




luns, 9 de maio de 2022

Cara unha educación consciente.

Este mércores, 11 de maio, ás 19:30h estades invitados a escoitar a Gloria Fontán no seu relatorio Cara unha educación consciente


 

domingo, 1 de maio de 2022

2 de maio: día contra o acoso escolar

Para conmemorar esta data, no colexio de Beluso fixemos unha cadea contra o acoso escolar e no colexio de Cela demos voz aos carteis que transmiten o valor da amizade.


Queres aprender o himno "Se buscan valientes" en lingua de signos? Aquí o tes:



xoves, 21 de abril de 2022

Charlas para Familias con Érguete

Se es mamá, papá, avó, avoa, tía... de alumnado do colexio, dende aquí podes inscribirte nas charlas para familias que terán lugar nos colexios de Cela e Beluso organizadas pola Asociación Érguete

Podes participar nunha ou nas dúas. Clica nas imaxes para inscribirte 👈 Vémonos!


xoves, 31 de marzo de 2022

2 de abril: Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

"Unha feliz viaxe pola vida", este é o lema escollido para conmemorar este ano o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.




Animádesvos a realizar as propostas que nos ofrecen aos colexios? 

Unha delas consiste en debuxar, pictografar, redactar... que é para cada alumna e alumno a felicidade.

 Aquí tedes o documento para recoller as elaboracións do alumnado.

venres, 18 de marzo de 2022

21 de marzo: Día da Síndrome de Down

Apetécevos sumarvos á campaña deste ano que nos propoñen desde as Asociacións para persoas con Síndrome de Down?


Aquí tedes o tráiler da película, feita en Galicia, Valentina. Seguro que quedades con ganas de mirar a peli 👀


Outros vídeos interesantes:

Cromocuento: o Síndrome de Down explicado para nenas e nenos.



Experiencia inclusiva nunha escola.


O Síndrome de Down, a visión inclusiva dunha nai.




PAZ PARA UCRAÍNA

O alumnado e persoal docente e non docente dos colexios A Torre-Cela e Montemogos sumáronse as peticións de PAZ PARA UCRAÍNA que están a ter lugar en moitísimos centros educativos. 

Desexamos que a masacre remate e que o DIÁLOGO sexa o medio para a resolución dos conflitos, tal e como se aprende na escola. 



venres, 11 de marzo de 2022

Aprendendo a protexer aos menores na rede

Unha breve formación para familias e profesorado para aprender a protexer a nenas e nenos nas redes 📱
Terá lugar o mércores 16 de marzo
Pinchade na imaxe para obter máis información. 



luns, 24 de xaneiro de 2022

luns, 17 de xaneiro de 2022

SUMAMOS COA ONCE




Nos derradeiros cursos o cole Montemogos participou no Concurso Escolar da ONCE. Este curso sumouse á participación o cole da Torre-Cela co alumnado de 3º de Primaria, guiado pola súa titora e a orientadora.

Que fixemos?

Co fin de conseguir facer a escola máis accesible e inclusiva para as persoas con discapacidade visual, seguimos a metodoloxía SUMA:

Imaxe de Oncelio, logotipo da ONCE



Como o fixemos? Fai clic no seguinte vídeo: