O luns 6 de febreiro ás 16h terá lugar no colexio de Beluso unha charla para as familias da man de Érguete.
MONTEMOGOS Contacto: 886 15 11 14 montemogosorienta@gmail.com CELA Contacto: 886 15 11 13 orientacion@ceiptorrecela.org
luns, 30 de xaneiro de 2023
mércores, 18 de xaneiro de 2023
Exposición "Cartas de amor: artistas contra a violencia de xénero".
O CIM do Concello de Bueu convida á comunidade educativa a visitar a exposición "Cartas de amor: artistas contra a violencia de xénero" que estará na entrada do Centro Social do Mar entre os días 10 e 29 de xaneiro.
Cartas de Amor: artistas contra a violencia de xénero é unha mostra do cómic galego sobre a violencia de xénero, con debuxos de autores de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai.
Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)