mércores, 1 de abril de 2020

Día 17. 1 de abril de 2020

Hoxe queremos enviar unha mensaxe positiva ás persoas que estades exercendo ao tempo de nais, pais, mestras, mestres, orientadoras, orientadores... adicándoos non so ao coidado de nenas ou nenos, senón tamén a reforzar as aprendizaxes da escola. 

Merecédesvos (merecémonos 😉) un gran aplauso 👏👏👏

Nesta charla, que Pilar Jericó titula "Os nosos fillos son os nosos espellos, os nosos mestres", fálanos da necesidade de confiar nelas/neles, de facerlles sentirse importantes, da escoita..., resulta moi interesante para enfrontar con ánimo e con positivismo as relacións coas nenas e cos nenos nestes días nos que podemos estar a compartir moito máis tempo na casa.


--------------
No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

Ningún comentario:

Publicar un comentario