Hoxe convidámosvos a ver en familia Monsterbox, unha curta sobre a relación de amizade que xurde entre persoas de distintas xeracións 👧👴
-------------- No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
-------------- No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
Aquí atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com Para hoxe, domingo, propoñémosvos esta tarefa:
O Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo), debido á situación actual provocada polo Covid-19, propón escribir cartas de ánimo a todas/os as/os pacientes que teñen que estar illados, para intentar reducir esa sensación de soidade e ansiedade pola enfermidade.
É un xeito de demostrar que a loita contra o Covid-19 gáñase entre todas as persoas e pódese axudar dende a casa. Envía o teu email a: apoyocovidvigo@gmail.com
Aquí tedes a carta enviada por un neno de Cangas da Asociación Bicos de Papel:
Aquí atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Os recursos actualizarémolos, engadiremos novos... e tamén compartiremos algúns no facebook do cole para que nos deades a vosa opinión, intercambiemos información..., en definitiva, para non perder o contacto, xa que vos imos botar e moito de menos.
Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com DÍA 13. SÁBADO 28.03.2020 Fin de semana! Pode ser un día ideal para meternos na cociña e facer algo que somos quen de facer tanto as persoas maiores como as máis noviñas, unha brocheta de froitas! Aínda que escollimos plátano 🍌, mandarina 🍊e uvas🍇, podedes facer a brocheta coa froita que teñades na vosa 🏡.
Se queredes gardar ou imprimir a receita, aquí vos deixamos o documento:
DÍA 12. VENRES 27.03.2020 Hoxe, Violeta e Lois contan na Hora de Ler na distancia o conto Sacapenas e Violeta explícanos de onde vén a tradición dos bonequiños sacapenas. Animámosvos a fabricar os vosos bonequiños e aquí deixámosvos un vídeo dunha clase do CEIP Os Muíños onde están a facer os bonequiños sacapenas.
DÍA 11. XOVES 26.03.2020 Moi bo día! Hoxe recomendámosvos... ximnasia cerebral! Intentádeo, algúns dos exercicios son algo complicados pero son todo un reto e axudan a exercitar o noso cerebro 💪
E o noso mural segue a medrar...
DÍA 10. MÉRCORES 25.03.2020 Así comeza o noso mural online de ÁNIMO! Temos o reto de completar a canción Voltar de Guadi Galego coas fotos que nos mandedes de vós, dos vosos debuxos, do que sexa que dea moito ánimo. Mandádeas ao email montemogosorienta@gmail.com
Agardamos por vós para completar a canción e o noso mural 😃
Entre todas as persoas que facemos o cole podemos conseguilo!!! 👍👍
DÍA 9. MARTES 24.03.2020 Botades de menos o cole, ás amigas, aos amigos...? Aquí tedes un pequeno vídeo con imaxes para lembrar algúns dos momentos vividos este curso. As profes e os profes botámosvos de menos, moitísimo!
DÍA 8. LUNS 23.03.2020 E se facemos un MURAL VIRTUAL? Preguntarédesvos... mural virtual, que é iso? É un mural como os que facemos para decorar a entrada do cole ou o corredor da biblioteca pero que colgaremos en Internet. Para este mural é preciso que cada nena e neno cree un debuxo, manualidade, obra artística, construcción... que transmita moito, moito pero que moitísimo ánimo nesta situación que estamos a vivir. Podedes facer o que se vos ocorra! Cando o teñades feito, facédelle unha fotografía e enviádea ao emailmontemogosorienta@gmail.com Esta actividade vai estar dispoñible ao longo do tempo de confinamento, polo que sempre se irá actualizando o mural cos debuxos que nos enviedes.
Agardamos as vosas creacións para transmitir ánimo!
DÍA 7. DOMINGO 22.03.2020
Aínda que non o vexamos porque hoxe hai nubes, todos os días sae o 🌞
Que vos parece se saudamos ao sol?
Aquí tedes un vídeo co que podedes aprender a saudar ao sol. Ah! E podedes facelo en familia! 👱👴👵👶👧
DÍA 6. SÁBADO 21.03.2020
Día das persoas con Síndrome de Down: sube unha foto cos calcetíns desparellos ás túas Redes Sociais co cancelo #DiaMundialSindromeDown e nomina a 3 amigxs para facelo
DÍA 5. VENRES 20.03.2020
Hoxe propoñémosvos facer plastilina na 🏠
É unha tarefa sinxela na que pode participar toda a familia 👱👴👵👶👧
No cole facémolo co alumnado de Infantil pero seguro que as nenas e os nenos de Primaria o pasan xenial amasando e facendo as súas figuriñas 👍
Aquí tedes os materiais que precisades e un vídeo demostrativo:
Materiais
Fariña
Auga
Sal
Colorante alimentario (se queredes darlle cor)
Un consello! Conserva a plastilina en recipientes separados e herméticos, antes e
despois de usala para manter a mestura húmida e flexible 😉
DÍA 4. XOVES 19.03.2020
Aproveitando que hoxe, aínda que non o pareza, é festivo, deixámosvos aquí un vídeo con actividades chulas que podedes facer coa axuda das persoas coas que estades a compartir estes día na casa. A profe Cris tamén vos deixou material para fabricar vós mesmas e co que xogar para facer a corentena máis amena, atoparédelo no Blog de Primaria.
A divertirse!
DÍA 3. MÉRCORES 18.03.2020 Xa fixestes o voso horario da corentena? Se non o fixestes, aínda estades a tempo! ⏰ Para o día de hoxe, plantexámosvos o seguinte reto: Aproveitade estes días en familia para contarlles algunha vivencia persoal vosa de cando erades pequenas e pequenos. Decatástesvos de que nos escoitan con moita atención cando lles contamos algo que nos pasou cando eramos pequenas ou pequenos? Contar as cousas dende o 💓 fará que lles "chegue a mensaxe" doutro xeito e que non o esquezan tan doadamente.
DÍA 2. MARTES 17.03.2020 Para este longo período de tempo é conveniente manter uns horarios. Aquí vos deixamos un posible horario que podedes empregar ou podedes facer o voso propio horario.
Hoxe fomos coñecedores de que o alumnado de 5º de Primaria resultou gañador da fase provincial do concurso escolar da ONCE pola súa BANDEIRA DA INCLUSIÓN!!!! Estamos moi pero que moi felices deste recoñecemento. Moi bo traballo!!! Estamos convencidas de que este premio é un paso máis na consecución dunha escola máis inclusiva. Pincha na imaxe para acceder á web onde atoparás a audiodescrición da bandeira da inclusión: