venres, 18 de decembro de 2020

"O ano que aprendemos a COVID-vir"

 


Cambio da definición de discapacidade

A RAE modifica a definición da palabra discapacidade no seu dicionario.

Accede á noticia.

Aínda que será no ano 2023 cando se inclúa definitivamente esta definición no dicionario da RAE, se buscamos esta palabra no mesmo, xa atopamos a nova definición. 👌

E na RAG, pensades que é axeitada a definición? Se pensades que é mellorable e se vos ocorre unha definición mellor, podedes facer a vosa achega en comentarios. 📝


mércores, 2 de decembro de 2020

3D: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, conmemoramos no colexio que cada persoa é diferente e todas merecemos ser respectadas. 👩👨👧👦👲👱

Ás 12:30 invitamos a todo o alumnado, persoal non docente, familias e profesorado a asistir ao evento de conmemoración dende a Biblioteca a través dunha "Conexión Biblioteca", na que un grupo de alumnado de 5º nos contou "Por cuatro esquinitas de nada" na mesa de luz e, a continuación, o alumnado de 2º de Primaria, nos relatou como foi a súa saída por Beluso con cadeira de rodas e andador. Faláronnos de accesibilidade e nos retaron a localizar barreiras arquitectónicas (podemos deixar as barreiras atopadas por escrito no buzón colocado na entrada do colexio durante o mes de decembro ou a través do email montemogosdixital@gmail.com).

Animádevos!