xoves, 16 de abril de 2020

16.04.20: Día internacional contra a escravitude infantil.

Hoxe é o Día internacional contra a escravitude infantil.


Con tan so catro anos de idade, Iqbal Masih, un neno pakistaní, foi obrigado polo seu pai a traballar de sol a sol nunha fábrica de alfombras para saldar a débeda de 600 rupias (9 euros) que o seu proxenitor adquirira pola boda do seu irmán maior.
Un domingo de 1992, con dez anos, logrou escapar da fábrica e comezou a dedicar a súa vida a denunciar a situación que viven millóns de nenas e nenos de xeito invisible. Pero un fatídico día, tras lograr o peche da fábrica na que traballou tantos anos e que o seu dono acabara no cárcere, Iqbal foi abatido a disparos mentres se desprazaba na súa bicicleta de camiño á súa casa. Tiña 12 anos.
A pesar da súa tráxica e curta vida arrebatada, Iqbal Masih logrou converterse nun símbolo da loita contra a escravitude infantil. 
Información de National Geographic.

----------------------------------------------
No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

Ningún comentario:

Publicar un comentario