É preciso inscribirse pinchando na imaxe. Grazas!
MONTEMOGOS Contacto: 886 15 11 14 montemogosorienta@gmail.com CELA Contacto: 886 15 11 13 orientacion@ceiptorrecela.org
xoves, 18 de maio de 2023
xoves, 11 de maio de 2023
luns, 8 de maio de 2023
Bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2023/2024
Dende o 8 de maio e ata o 20 de setembro (inclusive) está aberto o prazo para solicitar as Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Atoparedes aquí o acceso á web do Ministerio de Educación para realizar a solicitude que debedes imprimir e presentar no colexio.
Este curso hai unha novidade importante: todas as familias, independente do nivel de renda, poderedes solicitar o subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que ten unha cantidade fixa de 400€ que poderá ser percibido por todos os solicitantes e que será compatible co resto de axudas e subsidios regulados na convocatoria.
Se precisades información, podedes contactar coa orientadora nos teléfonos:
886 15 11 13 (Cela)
886 15 11 14 (Beluso)
mércores, 12 de abril de 2023
Encontro coas familias: 17 de abril ás 17h
Na última sesión da Escola de Familias con Raquel Pedrouso sobre Xestión de conflitos e intelixencia emocional, agasallounos cunha serie de recomendacións lectoras para nais, pais, fillas e fillos que comparto aquí con vós:
Emocionario.
Diario de gratitud.
Tranquilos y atentos como una rana.
Imaginaciones: historias para relajarse y meditaciones divertidas.
Cuentos para quererte mejor.
venres, 31 de marzo de 2023
2 de abril, día mundial do autismo.
O 2 de abril conmemórase o Día mundial do autismo. Como nesa data non estaremos na escola, hoxe decidimos coñecer máis sobre as necesidades das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) para comprendelas mellor de cara a acadar unha mellor inclusión na escola e na sociedade.
Aprendemos que no símbolo do infinito teñen cabida a diversidade de persoas con TEA, que teñen diferentes necesidades e que, ao igual que calquera persoa, todas queren sentirse comprendidas, aceptadas e incluídas.
xoves, 16 de marzo de 2023
venres, 10 de marzo de 2023
Xogos sen estereotipos polo 8M
Hoxe foi unha xornada moi emocionante para un grupo de alumnado dos coles de Cela e Beluso que conviviu nos xogos sen estereotipos de xénero organizados polo CIM do Concello de Bueu coa colaboración da Asociación Juan XXIII.
Aproveitamos a ocasión para facer un encontro entre o alumnado de 6° de Primaria dos dous coles que o curso que vén compartirán aulas no IES Illa de Ons.
xoves, 2 de marzo de 2023
sábado, 18 de febreiro de 2023
Conferencia ASPERGA
Polo Día das persoas con Asperger, organízase unha conferencia interesante dirixida ao colectivo das familias, sanitario e educativo.
luns, 30 de xaneiro de 2023
Luns 6 de febreiro: Charla para as familias
O luns 6 de febreiro ás 16h terá lugar no colexio de Beluso unha charla para as familias da man de Érguete.
mércores, 18 de xaneiro de 2023
Exposición "Cartas de amor: artistas contra a violencia de xénero".
Cartas de Amor: artistas contra a violencia de xénero é unha mostra do cómic galego sobre a violencia de xénero, con debuxos de autores de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai.
Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala.