mércores, 8 de decembro de 2021

Charla para as familias "Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal".

O CFR de Pontevedra organiza a charla Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadalno marco da actividade ENAPAS: A familia como motor de cambio.

Esta conferencia trata sobre a importancia do xogo no desenvolvemento afectivo-psicolóxico das nenas e dos para abordar e reflexionar sobre a importancia da elección dos agasallos infantís.

Terá lugar na biblioteca do CEIP A Laxe de Marín o xoves 9 de decembro de 19:00 a 21:00 horas.

Tendo en conta que o aforo é limitado, agrademos que cubrades esta enquisa no caso de querer asistir.







venres, 3 de decembro de 2021

Así vivimos o Día da Diversidade Funcional

Queredes ver un resumo en imaxes do que ocorreu hoxe nos coles de Beluso e Cela?

Coñecemos persoas con discapacidade, lemos libros que nos fan aprezar o valor das diferenzas, puxémonos na pel das persoas con discapacidade..., en definitiva, aprendemos que podemos derrubar barreiras! 



domingo, 28 de novembro de 2021

3 de Decembro: Día Internacional da Diversidade Funcional

 Un genially para coñecer a persoas incribles:



Películas sobre persoas (e animais) con diversidade funcional:



Actividades para a aula sobre a diversidade funcional:



xoves, 25 de novembro de 2021

Camiñamos contra a violencia

No día de hoxe, 25 de Novembro, o alumnado, o persoal non docente e o profesorado dos colexios de Beluso e Cela, camiñamos contra a violencia machista.

O alumnado de 6° leu o manifesto que respalda toda a comunidade educativa e gardouse un minuto de silencio polas vítimas (mulleres, fillas, fillos...).

Nese camiñar xuntas atópase a semente da igualdade real entre mulleres e homes que xerminará nas nenas e nos nenos e mudará a violencia polo diálogo 🚶‍♀️🚶‍♂️🚶‍♀️🚶‍♂️🚶‍♀️🚶‍♂️




domingo, 21 de novembro de 2021

Cancións para o 25N: Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres.

O 25 de novembro é o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres

Con motivo desta data imos xuntarnos para realizar unha marcha contra a violencia  

👫👬👭👭👬👫👫👭

Aquí atoparedes unha recompilación de cancións para a igualdade e contra a violencia:



luns, 15 de novembro de 2021

16 de Novembro: día da tolerancia.

Charla o martes 16 de novembro de 09:30 a 10:30 para familias e profesorado. 

Accede a máis información facendo clic na imaxe:



Coincidindo co Día Mundial da Tolerancia, o martes 16 de novembro entregaranse os premios "Dilo todo contra el bullying", que distinguen a colectivos e entidades -estudantes, empresas, centros educativos, institucións e medios de comunicación- con mellores prácticas para concienciar e actuar contra o acoso escolar.

Na entrega de premios asistirá, entre outros expertos, Carmen Cabestany, profesora e presidenta da Asociación No al Acoso Escolar, quen achegará unha guía sobre comportamentos cotiáns que se producen a diario entre os pais e que, sen que estes dean conta, contribúen a perpetuar o acoso escolar: cando lles dicimos aos pequenos se che pegan, pegues, autoritarismos, perder o control dos contidos audiovisuais (o recente caso de O xogo da lura é só un exemplo), discuten na casa en presenza dos nenos, crendo sempre que o noso fillo é o que mellor se porta na casa e na escola e un longo etcétera.

Na sesión tamén participará María Lázaro, profesora, bloguera e autora do libro “Redes sociais e menores. Guía práctica”, Alba Alonso, doutora, filóloga, profesora e fundadora de “Real Kiddys”, unha plataforma para unha infancia libre de estereotipos de xénero ou María Soto, logopeda e educadora, experta en Disciplina Positiva que explicará o comportamento dos nenos utilizando a teoría do iceberg.



mércores, 3 de novembro de 2021

Modelo SUMA para a inclusión. O xoves 4 de novembro ás 18h.

Somos tod@s iguais? Educar de maneira inclusiva hoxe.

Outro curso máis a Fundación ONCE, a través do Concurso Escolar, ofrece formación sobre temáticas de interese educativo. Esta sesión semella moi interesante.

Pincha na imaxe para acceder á información 👇


luns, 11 de outubro de 2021

"Hai vida máis alá das pantallas", unha conferencia de Javier Urra.

Javier Urra impartirá unha conferencia online gratuíta sobre a adición de nenas e nenos ás pantallas 💻📱📺


Cando? O xoves 14 de outubro ás 19:00

É preciso inscribirse. Pinchade na imaxe para maior información:

sábado, 2 de outubro de 2021

8 de Outubro: Día da Dislexia

Que é a dislexia? Accede á web da Asociación Galega de Dislexia para coñecela.

Unha pequena mostra do que pode vivir un neno con dislexia a través da película Taare Zameen Par (Estrelas na Terra). Narra a historia dun neno, Ishaan Awasthi, con necesidades especiais debido á dislexia. 


Luz Rello é experta en dislexia, non só porque a investiga, senón porque ela ten dislexia, e preséntanos a súa vivencia e o seu traballo.



Para nais, pais e profesorado: é moi pero que moi interesante esta charla de Araceli Salas, fundadora da primeira asociación de dislexia DISFAM e portavoz da Federación Española de Dislexia. Achega moita información para coñecer ao alumnado con dislexia e recursos de accesibilidade que son un dereito para o alumnado.
 


Accede ao Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras DEA.



Recursos para dar a coñecer a dislexia ao alumnado:




- Conto para o alumnado sobre a dislexia:



venres, 1 de outubro de 2021

Curso de Lingua de Signos

O Concello de Bueu organiza un curso de Lingua de Signos. Pincha na imaxe para acceder a máis información 👍



mércores, 29 de setembro de 2021

domingo, 19 de setembro de 2021

23 de setembro, Día Internacional da Lingua de Signos

O xoves 23 de setembro conmemórase o Día Internacional da Lingua de Signos 👋👌👍


Dende o Departamento de Orientación ofrecémosvos recursos para dar a coñecer a nenas e nenos o alfabeto dactilolóxico e con el tratar de descifrar mensaxes secretas, resolver sopas de letras..., así como unha canción e un vídeo que nos achegan á realidade das persoas xordas. 

XOGAMOS CO ALFABETO DACTILOLÓXICO 👈

 

CANCIÓN "TODOS SOMOS CAPITÁNS" EN LINGUA DE SIGNOS 🎵


VÍDEO "GRAZAS, MAMÁ" 👦



luns, 6 de setembro de 2021

Presentación da Orientadora

A miña benvida ao curso 2021/22 que está a piques de comezar!

A partir deste curso o blog do Departamento de Orientación será común para os colexios de Beluso e Cela ao comezar a miña andadura como orientadora compartida.

Neste blog compartirei información de interese para orientar e asesorar ás familias, ao alumnado e ao profesorado.

Podedes contactar comigo no seguinte horario:

Cela: luns (09:30-14:30), martes (09:30-13:45) e mércores (09:30-11:30).

Colexio de Cela         
Tlf.: 886 15 11 13  

Beluso: mércores (12:00-14:00), xoves (09:00-14:00) e venres (09:00-13:15).

Colexio de Beluso
 Tlf.: 886 15 11 14 

Apertas, 





venres, 30 de xullo de 2021

Becas acneae

Do 3 de agosto ao 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar as becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Dende o 1 de setembro podedes contactar comigo a través do teléfono ou do email para informarvos e tramitar as becas.  



mércores, 30 de xuño de 2021

O paso a Educación Primaria no cole Montemogos

 Información para as familias do alumnado que inicia Educación Primaria:


Vémonos o xoves 9 de setembro ás 9h. Moi bo verán!

Inicio da Educación Infantil no cole Montemogos

Información para as familias do alumnado que inicia a Educación Infantil no colexio.



Vémonos o 3 de setembro ás 10:30h na xuntanza coa titora.

xoves, 10 de xuño de 2021

Obradoiro de Habilidades socioemocionais

Hoxe deu comezo o Obradoiro de Habilidades socioemocionais en 6° de Primaria. Debeu ser retrasado por motivos sanitarios, pero por fin podemos contar con Bibiana Camaño de Alicce grazas ao contrato-programa Con-vive solicitado cada curso.

Con este obradoiro, que se desenvolverá ao longo de oito sesións, agárdase que o alumnado aprenda sobre asertividade (respecto das quendas de palabra, escoita activa...) para acadar interaccións máis axeitadas. 




martes, 4 de maio de 2021

Escola de familias

O luns 10 de maio ás 16h terá lugar a primeira sesión presencial dos Encontros de Familias deste curso. 

Farémolo no patio e, en caso de chuvia, na zona cuberta da entrada do colexio 🏫

Podedes inscribirvos no seguinte enlace: https://forms.gle/9qq5jvj9oLA6qBjj6



luns, 8 de marzo de 2021

Conmemoración do 8M no colexio

Hoxe, 8 de marzo, tivemos unha nova Conexión Biblioteca na que Xavi e Yanira de 6º de Primaria nos presentaron a exalumnas futbolistas. Queredes coñecelas?

https://www.youtube.com/watch?v=hfm62OnjM68


Tamén nos presentaron a Eva e Ariane, dúas futbolistas que nos transmitiron que os soños poden facerse realidade e queremos que as coñezades:



E, para rematar, escoitamos o conto "Cuando las niñas vuelan alto" relatado polo alumnado de 3º de Primaria.

https://www.youtube.com/watch?v=mEF_5tWTs28



Grazas, a todas as persoas participantes por transmitirnos a necesidade de acadar a igualdade entre xéneros.







xoves, 18 de febreiro de 2021

Conmemoración do Día da nena e a muller na ciencia

Hoxe, da man de Faro da Escola, escoitamos a mulleres que dende novas quixeron estudar ciencia e acadaron o seu obxectivo.



Charla para familias sobre alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O vindeiro 27 de febreiro teá lugar unha charla para familias grazas a Esther López Carbajales, presidenta da Asociación Galega de Dislexia.

Para obter a ligazón de acceso á charla podedes inscribirvos no email da Federación de ANPAs Gameliña:

federanpas.cangas@gmail.com



mércores, 10 de febreiro de 2021

Ciberseguridade

Esta semana, da man da Fundación Abanca, o alumnado de 5° e 6° de Primaria recibiu unha charla formativa sobre ciberseguridade, unha temática que provoca interese entre o alumnado e que precisan coñecer para protexer a súa identidade dixital.



martes, 2 de febreiro de 2021

Conferencias interesantes para as familias

11 DE FEBREIRO ÁS 19H: Como impactan os dispositivos tecnolóxicos no cerebro e    desenvolvemento de nenas e nenos?


25 DE FEBREIRO ÁS 19H: Protexéndonos. Protexéndoos.

venres, 15 de xaneiro de 2021

Encontro de familias

 


Para acceder ao encontro, pincha na seguinte ligazón:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m57718adedaf0ed738bd306c607d35f05

Número de reunión: 121 205 9423

Contrasinal: WsFBV332GsA

Clave de organizador: 486493

Contamos con vós!