MONTEMOGOS Contacto: 886 15 11 14 montemogosorienta@gmail.com CELA Contacto: 886 15 11 13 orientacion@ceiptorrecela.org
Amosando publicacións coa etiqueta corentena b>. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020
Sabes como protexerte do COVID-19?
Aquí tedes un xogo xenial para comprobar canto sabedes das medidas de protección contra o coronavirus.
Atrévete a xogar! 🎯
martes, 16 de xuño de 2020
"Cando me convirto nun monstro"
Amaya de Miguel proponnos 4 ferramentas para non perder o control cos nosos fillos e coas nosas fillas:
+ Info: web Gestionando Hijos.
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
luns, 15 de xuño de 2020
Webinar para as familias, hoxe ás 18h.
Hoxe, luns 15 de xuño, de 18h a 19h, Rafa Guerrero falará sobre como acompañar no medo, na rabia e na tristeza. Inscribídevos pinchando na imaxe:
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
venres, 5 de xuño de 2020
Reciclaxe e compostaxe durante o tempo nas casas
#eucomposto Sumádevos á campaña de Revitaliza durante este período na casa. Poñamos o noso gran de area!
Cada unha de nós pode facer un vídeo selfie para compartilo nas redes sociais co cancelo #eucomposto, explicando como separades o lixo na casa, como levades o lixo ao composteiro comunitario ou como o facedes no composteiro individual.
Tamén podedes enviar o voso vídeo ao email: montemogosorienta@gmail.com
Eu vou facer o meu!
+info sobre Revitaliza.
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
xoves, 4 de xuño de 2020
Seguridade de menores na rede
A seguridade das nenas e dos nenos na rede é cousa de todos, daí que vos ofrezamos esta web con información útil para garantir unha navegación segura:
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
mércores, 3 de xuño de 2020
Saúde emocional das nenas e dos nenos
Agora que está rematando o 3º trimestre, pode ser un bo momento para que as nosas fillas ou os nosos fillos realicen unha autoavaliación da súa saúde emocional 😐😠😢😭😌😀
É unha experiencia interesante que, canto maiores sexan, máis doado lles resultará facer de xeito autónomo pero que, no caso do alumnado máis novo, vai precisar da vosa axuda, mamás, papás..., para levala a cabo. Grazas pola vosa axuda, por estar aí. Animádevos a facer tamén a vosa propia autoavaliación, co fin de que vexan que as persoas maiores tamén reflexionamos sobre a nosa saúde emocional.

Aínda que a podedes debuxar nunha folla, se queredes imprimila, déixovos aquí o documento en formato PDF:
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
martes, 2 de xuño de 2020
Xogos e actividades interactivas
Como baixaron as temperaturas ⛅ e pode que quedemos máis tempo dentro de casa 🏡, queremos compartir con vós este Libro de xogos e actividades interactivas moi axeitadas para nenas e nenos de Infantil (aínda que hai algunha que a nós, que somos maiores, tamén nos gusta facer).
Poderedes xogar a atopar as diferenzas, a descubrir a canción, a crear á señora e ao señor pataca... Semella moi interesante!
Poderedes xogar a atopar as diferenzas, a descubrir a canción, a crear á señora e ao señor pataca... Semella moi interesante!
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
luns, 1 de xuño de 2020
Un sen sentido.
Como di Esteban de Tarabelos, títeres e contacontos:
"Se despois da experiencia que estamos a vivir todo seguise sendo igual, iso sería un sen sentido".
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
"Se despois da experiencia que estamos a vivir todo seguise sendo igual, iso sería un sen sentido".
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
xoves, 28 de maio de 2020
Unha nova habilidade
Escoita o audio:
Ou le o texto:
Aínda que esta actividade está pensada para o alumnado de 5º e 6º de Infantil porque viaxamos xuntos ao Reino das Emocións da man do profe Manu e da profe Vanessa, pode realizala todo o alumnado, porque, de seguro que pensando un pouco, atopamos unha nova habilidade que aprendemos ou melloramos durante este tempo que estivemos na casa sen ir á escola.
Nós tamén aprendemos novas habilidades: o profe Manu aprendeu moitas cousas do ordenador e a profe Vanessa aprendeu novas receitas de cociña.
Non fai falta que imprimades esta ficha, podedes debuxar a vosa nova habilidade nunha folla e enviala ao correo das profes ou ao correo montemogosorienta@gmail.com
(Música da canción "Tallarín"): Eu teño unha habilidade, unha habilidade que é ....
mércores, 27 de maio de 2020
Continuemos recollendo os tapóns solidarios
Aínda que este curso non nos incorporemos á escola, en canto iniciemos o vindeiro curso, agardamos facer a recollida de tapóns que estades a xuntar nas casas.
Grazas á vosa colaboración coa entrega de tapóns este curso, acadamos que un grupo de alumnado desenvolvera a súa competencia matemática, sendo quen de:
a) Realizar as pesadas semanais de tapóns.
b) Rexistrar nun gráfico a cantidade recollida cada semana.
c) Realizar unha comparativa entre meses.
d) E o que é máis importante:
Aprender matemáticas dun xeito divertido ➕
Agardar a quenda para pesar ou colorear a gráfica ⏳
A importancia da solidariedade e da colaboración de toda a comunidade educativa 👫👬👭
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
a) Realizar as pesadas semanais de tapóns.
b) Rexistrar nun gráfico a cantidade recollida cada semana.
c) Realizar unha comparativa entre meses.
d) E o que é máis importante:
Aprender matemáticas dun xeito divertido ➕
Agardar a quenda para pesar ou colorear a gráfica ⏳
A importancia da solidariedade e da colaboración de toda a comunidade educativa 👫👬👭
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
martes, 26 de maio de 2020
O "efecto pantalla"
Accede na imaxe ao artigo sobre o "efecto pantalla".
«Nacemos cun cerebro sen desenvolver, e durante os dous primeiros anos aumenta o triple o seu tamaño, e faino como resposta directa á estimulación externa. Por iso nos preocupa tanto a sobreestimulación dun cerebro en desenvolvemento, xa que pode acurtar o período de atención».
Dimitri Christakis.
---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com
luns, 25 de maio de 2020
Círculos de confianza
CÍRCULO DE CONFIANZA: APRENDEMOS OS DIFERENTES TIPOS DE RELACIÓNS QUE TEMOS
Con esta actividade ensinamos de xeito explícito e personalizado os diferentes tipos de relacións que se teñen.
É válida tanto para Infantil como para Primaria, adaptando a linguaxe.
Podemos aproveitar para traballar sobre habilidades conversacionais (Como falamos con persoas da familia? Como falamos con persoas descoñecidas? Como saudamos ás persoas da familia? Como saudamos ás persoas coñecidas?), condutas axeitadas en público e en privado, etc.
MANS Á OBRA
NECESÍTASE: un folio ou cartolina grande e rotuladores ou lapis de cores. Incluso se poden empregar fotos reais das persoas.
Pódese facer a man ou descargar este documento e cubrilo:
1º) Introducimos o tema. Podemos preguntar: Sabes o que significa a confianza? Explicarllo se o precisa, adaptándonos á súa linguaxe: "a confianza significa ter seguridade cando estamos con alguén, fiarse da outra persoa, familiaridade, alguén a quen podes pedir axuda e contarlle os teus problemas...".
2º) Os círculos. Se non imprimimos, podemos debuxar os círculos e iremos engadíndolles os nomes ou fotos das persoas.
Círculo 1: EU.
Preguntámoslle "En quen confías máis? Se tes un problema que fas?" É probable que diga "buscar a alguén", neste caso debemos buscar exemplos que potencien a súa autoconfianza e autoestima: "cando tes un problema, primeiro intentas solucionalo ti buscando alternativas. Se che apetece algo, primeiro ti o buscas, tratas de conseguilo...".
Círculo 2: FAMILIA OU MOITA CONFIANZA.
Preguntámoslle: "Con quen podes contar sempre sen condicións? A quen podes acudir se non podes resolver un problema?". Se nomea amigas/os, podemos poñer exemplos para que vexa que antes que as/os amigas/os, hai outro grupo, por exemplo: "se tes unha enfermidade, quen te coida?". Se nomea soamente a un dos proxenitores, podemos facerlle ver que toda a familia é un núcleo de confianza, de todos xeitos, debemos respectalo, xa que é o seu círculo de confianza.
Círculo 3: AMIGAS/AMIGOS (OU MEDIA CONFIANZA).
Preguntámoslle: "Con que persoas podes falar de moitas cousas, te divirtes ou podes pedirlle un favor?". Debemos facerlles ver, sobre todo en nenas e nenos maiores, que as amigas e os amigos non teñen por que ser persoas da súa idade coas que se entreteñen.

Círculo 4: COMPAÑEIRAS/OS (OU POUCA CONFIANZA)
Preguntámoslle: "Con que persoas o pasas ben pero non podes pedirlles axuda ou contarlle un segredo? Fas o mesmo con todas as túas compañeiras? Se non é o teu amigo íntimo xa non podes pasar un bo rato xogando con el?".
Trátase de que sexan quen de transmitirnos, algo que é máis complexo en nenas/os de Infantil e nos primeiros cursos de Primaria e o entenden mellor facendo referencia ao alumnado doutras aulas, que hai certa diferencia entre amigas/os e compañeiras/os porque aínda que o pase ben con ambos, non se tratan igual.

Círculo 5: PERSOAS COÑECIDAS (OU MOI POUCA CONFIANZA)
Preguntámoslle: "Coñeces a alguén que saúdes a miúdo pero con quen non falas nada máis? Hai persoas que coñeces porque as ves con frecuencia polas rúas? Recoñeces a quen vende na panadaría ou no supermercado?".
Trátase de transmitirlle que coas persoas coñecidas pódense ter conversas pero normalmente sobre temas pouco relevantes, incluso ás veces, so as saudamos.
Ás persoas coñecidas coñecémolas porque están no noso contorno ou coñecen a familiares ou amigas/os. Non podemos confiar ata que non pasen a outro círculo (algunhas persoas coñecidas nunca o farán).

Círculo 6: PERSOAS DESCOÑECIDAS (OU NINGUNHA CONFIANZA)
Preguntámoslle: "Algunha vez che preguntaron por algo na rúa ou no parque? Lémbraste das persoas coas que te cruzaches pola rúa?" As persoas descoñecidas son todas as persoas coas que nos cruzamos pola rúa e que non coñecemos.
Pode ser interesante poñer exemplos de situacións para que analicen se as persoas que aparecen son ou non descoñecidas, por exemplo, se saben o nome da persoa, se din que son amigos de papa, se che soa a cara dalguén...

xoves, 21 de maio de 2020
Familias e ansiedade durante a pandemia
Pincha na imaxe para acceder ao artículo de Eva Millet:
"Como pode protexerse a familia da ansiedade que provoca a pandemia".
venres, 8 de maio de 2020
08.05.20 Vídeo para nais e pais sobre o confinamento en menores
Accede ao vídeo Educar a tus hijos durante el confinamiento. Varios expertos falan para as familias sobre o método Montessori, neuroeducación, disciplina positiva e conflitos.
xoves, 7 de maio de 2020
mércores, 6 de maio de 2020
06.05.20 Coidado medioambiental, accede e, se che gusta, dálle o teu like!
Lembrades que no cole estabamos a traballar moito no desenvolvemento sostible? 🌍
Aquí tedes un vídeo feito por dous alumnos e una alumna dun centro de Secundaria que tratan de acadar likes para sacar adiante o seu proxecto de emprendemento laboral.
Gústache? Dálle o teu like. 👍
martes, 5 de maio de 2020
05.05.20 Puzzles online para peques e maiores
Os puzzles, ademais de entreter, poden desenvolver as nosas capacidades visoespaciais e de autocontrol. Proba con estes!
12
grand parents family
15
Grafik Vierfuessler kor
35
Don't Bully
PUZZLE DE 12 PEZAS:
PUZZLE DE 15 PEZAS:
PUZZLE DE 35 PEZAS:
Don't Bully
domingo, 3 de maio de 2020
Xuntanza das familias coa orientadora o luns 4 de maio ás 17h.
⏰O luns 4 de maio ás 17h propoñémosvos unha xuntanza online das familias, moderada pola orientadora. De haber unha alta demanda de participación, levaríase a cabo en sesións diferentes (17h e 19h). Comunicaríase con antelación.
👭👫Trátase dunha xuntanza aberta á participación das nais e dos pais do noso alumnado, ou outro membro da familia, responsable da/do menor.
📧Para participar nesta xuntanza, enviade antes do luns 4 ás 13h un email a montemogosorienta@gmail.com.
💻📱Levarémola a cabo a través de eduxunta.webex.com, por ser a plataforma recomendada pola Consellería de Educación para realizar videoconferencias.
O funcionamento da xuntanza será o seguinte:
Falaremos sobre 2 cuestións relevantes. Primeiro levarei a cabo unha introdución de cada unha das cuestións e, a continuación, voluntariamente podedes facer comentarios ao respecto. Estas son as cuestións a tratar:
1) Sodes quen de transmitir o positivo da situación de confinamento ás vosas fillas/aos vosos fillos?
2) Que vos preocupa desta situación? Aspectos emocionais, cuestións escolares, o uso (abuso) das pantallas...?
Accedede aquí á información para levar a cabo a conexión a través de webex:

(Adaptación do videotitorial da Xunta de Galicia para alumnado)
Resumo do videotitorial:
O funcionamento é sinxelo e podedes participar por diferentes medios:
- Ordenador: usando un navegador de internet (chrome, firefox, safari)
- Teléfono móbil ou tablet: instalando a aplicación Cisco Webex Meetings.
- Teléfono fixo: Chamando a un dos seguintes teléfonos 912158236, 917911283.
Os equipos que teñen o sistema operativo Linux (como os equipos E-Dixgal de 5º e 6º) precisan instalar a versión 75 do navegador Firefox para facer uso de Webex (pasos para a actualización de Firefox).
Enviareivos a convocatoria da videoconferencia a través do voso correo electrónico: incluirá un código de reunión e un contrasinal.
Consello: mirade o videotitorial e, no caso de facer uso de móbil ou tablet, instalade a app. Deste xeito estaredes listos a tempo para a conferencia conferencia. Podedes consultar calquera dúbida no email: montemogosorienta@gmail.com
mércores, 29 de abril de 2020
29.04.20 Información sobre a desescalada e pautas psicolóxicas
Estamos a vivir unha situación de incertidume, non so para as persoas maiores, senón que as nenas e os nenos tamén sinten a mesma sensación e precisan respostas claras.
😒Pódeselles transmitir certa incertidume, xa que hai aspectos que aínda non foron aclarados en canto á desescalada do confinamento (Volveremos ao cole? Volverán os de infantil e nós non? Haberá exames? etc.), pero é preciso, en canto se teña a información, facilitarlla para rebaixar o seu nivel de incertidume, o que dará lugar a maior seguridade e tranquilidade. 💭
Información sobre a desescalada comunicada o martes 28 polo Goberno.
Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico do confinamento polo coronavirus:

martes, 28 de abril de 2020
Unha ave aniñou na escola!
Botades de menos a escola? Mirade quen se achegou estes días ata alí... 🐦
#TeachersforFuture
-----------------------------
No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)