Amosando publicacións coa etiqueta coronavirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coronavirus. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

Remata o curso e aprendemos moitísimo

Este foi un curso que comezou e continuou completamente normal ata que o que era relevante a día 1 de marzo a día 14 tornouse no menos relevante de todo e no que novos valores cobraron importancia nas nosas vidas. 

O inicio do estado de alarma fíxonos ver que somos vulnerables, que a especie humana é vulnerable, e que, a pesar de todas as conexións que nos permitiron a wifi ou os datos a través de emails, videochamadas, mensaxería..., non fomos quen de establecer a verdadeira conexión, a máis real e humana de todas, que é a conexión emocional entre nenas, nenos, nais, pais, familias, persoal non docente e profesorado. 

Aprendemos que é o que realmente botamos de menos, moitas nenas e moitos nenos foi a primeira vez que percibiron a sensación de botar de menos. 

Aprendemos que queremos volver xuntarnos, ver o sorriso da persoa que está ao noso carón, darnos unha aperta, collernos da man, xogar, bicarnos, compartir xogos... sen medo. 

Aprendemos o que significa perder parte da nosa liberdade e que en situacións coma esta se agravan as necesidades derivadas dos problemas económicos e da convivencia e se incrementan a inseguridade e a incertidume.

Aprendemos que as familias realizaron un esforzo único para dar continuidade ao proceso educativo das fillas e dos fillos, para que seguiran na medida do posible o ritmo marcado polo profesorado e que, a pesar dos momentos en que xa non se podía máis, sacaron ánimo e forza para seguir adiante motivando ás nenas e aos nenos para realizar as tarefas e non perder o vínculo coa escola. Nalgúns casos, as situacións familiares, os traballos ou as dificultades atopadas foron un obstáculo para seguir adiante e aí a colaboración do profesorado e o seu tesón para axudar ás familias, nunca esvaeceu. 

Aprendemos que o profesorado do colexio é quen de sacar adiante a escola a pesar das dificultades atopadas, de abrir novos camiños, de formarse na distancia e de aprender do que cada familia nos transmite para tratar de facelo mellor.

Aprendemos a poñer os piares para facer unha nova escola entre todas as persoas que formamos parte dela.

Dende este recuncho virtual, desexamos voltar vervos a todas e cada unha de vós, tamén ao noso alumnado de 6º que hoxe se despide porque medrou e marcha do colexio. 

Agardámosvos o vindeiro curso!  



xoves, 18 de xuño de 2020

Sabes como protexerte do COVID-19?


Aquí tedes un xogo xenial para comprobar canto sabedes das medidas de protección contra o coronavirus

Atrévete a xogar! 🎯

 Xogo deféndete do coronavirus

martes, 26 de maio de 2020

O "efecto pantalla"



Accede na imaxe ao artigo sobre o "efecto pantalla".


«Nacemos cun cerebro sen desenvolver, e durante os dous primeiros anos aumenta o triple o seu tamaño, e faino  como resposta directa á estimulación externa. Por iso nos preocupa tanto a sobreestimulación dun cerebro en desenvolvemento, xa que pode acurtar o período de atención». 

Dimitri Christakis. 


---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

xoves, 21 de maio de 2020

Familias e ansiedade durante a pandemia


Pincha na imaxe para acceder ao artículo de Eva Millet: 

"Como pode protexerse a familia da ansiedade que provoca a pandemia".

venres, 8 de maio de 2020

08.05.20 Vídeo para nais e pais sobre o confinamento en menores

Accede ao vídeo Educar a tus hijos durante el confinamiento. Varios expertos falan para as familias sobre o método Montessori, neuroeducación, disciplina positiva e conflitos. 



domingo, 3 de maio de 2020

Xuntanza das familias coa orientadora o luns 4 de maio ás 17h.

⏰O luns 4 de maio ás 17h propoñémosvos unha xuntanza online das familias, moderada pola orientadora. De haber unha alta demanda de participación, levaríase a cabo en sesións diferentes (17h e 19h). Comunicaríase con antelación.


👭👫Trátase dunha xuntanza aberta á participación das nais e dos pais do noso alumnado, ou outro membro da familia, responsable da/do menor. 

📧Para participar nesta xuntanza, enviade antes do luns 4 ás 13h un email a montemogosorienta@gmail.com.

💻📱Levarémola a cabo a través de eduxunta.webex.com, por ser a plataforma recomendada pola Consellería de Educación para realizar videoconferencias. 

O funcionamento da xuntanza será o seguinte:

Falaremos sobre 2 cuestións relevantes. Primeiro levarei a cabo unha introdución de cada unha das cuestións e, a continuación, voluntariamente podedes facer comentarios ao respecto. Estas son as cuestións a tratar:

1) Sodes quen de transmitir o positivo da situación de confinamento ás vosas fillas/aos vosos fillos?

2) Que vos preocupa desta situación? Aspectos emocionais, cuestións escolares, o uso (abuso) das pantallas...?

Accedede aquí á información para levar a cabo a conexión a través de webex:


                         (Adaptación do videotitorial da Xunta de Galicia para alumnado)

Resumo do videotitorial:


O funcionamento é sinxelo e podedes participar por diferentes medios:

  • Ordenador: usando un navegador de internet (chrome, firefox, safari)
  • Teléfono móbil ou tablet: instalando a aplicación Cisco Webex Meetings.
  • Teléfono fixo: Chamando a un dos seguintes teléfonos 912158236, 917911283.
Os equipos que teñen o sistema operativo Linux (como os equipos E-Dixgal de 5º e 6º) precisan instalar a versión 75 do navegador Firefox para facer uso de Webex (pasos para a actualización de Firefox).


Enviareivos a convocatoria da videoconferencia a través do voso correo electrónico: incluirá un código de reunión e un contrasinal.


Consello: mirade o videotitorial e, no caso de facer uso de móbil ou tablet, instalade a app. Deste xeito estaredes listos a tempo para a conferencia conferencia. Podedes consultar calquera dúbida no email: montemogosorienta@gmail.com



mércores, 29 de abril de 2020

29.04.20 Información sobre a desescalada e pautas psicolóxicas

Estamos a vivir unha situación de incertidume, non so para as persoas maiores, senón que as nenas e os nenos tamén sinten a mesma sensación e precisan respostas claras. 

😒Pódeselles transmitir certa incertidume, xa que hai aspectos que aínda non foron aclarados en canto á desescalada do confinamento (Volveremos ao cole? Volverán os de infantil e nós non? Haberá exames? etc.), pero é preciso, en canto se teña a información, facilitarlla para rebaixar o seu nivel de incertidume, o que dará lugar a maior seguridade e tranquilidade. 💭

Información sobre a desescalada comunicada o martes 28 polo Goberno.

Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico do confinamento polo coronavirus: