venres, 29 de maio de 2020

Lembrando a biblio do cole: moreas de experiencias.

Na biblioteca do cole, Belusiña agarda que volvan as nenas e os nenos para ver contos, ler libros, recitar poesía, escoitar lendas, facer teatro, axudarnos... 

Mentres non podemos estar na biblio do cole, si podemos ver algunhas imaxes deste curso das moreas de experiencias que vivimos xunto a Belusiña.




---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

xoves, 28 de maio de 2020

Unha nova habilidade

Escoita o audio:




Ou le o texto:

Aínda que esta actividade está pensada para o alumnado de 5º e 6º de Infantil porque viaxamos xuntos ao Reino das Emocións da man do profe Manu e da profe Vanessa, pode realizala todo o alumnado, porque, de seguro que pensando un pouco, atopamos unha nova habilidade que aprendemos ou melloramos durante este tempo que estivemos na casa sen ir á escola. 

Nós tamén aprendemos novas habilidades: o profe Manu aprendeu moitas cousas do ordenador e a profe Vanessa aprendeu novas receitas de cociña.

Non fai falta que imprimades esta ficha, podedes debuxar a vosa nova habilidade nunha folla e enviala ao correo das profes ou ao correo montemogosorienta@gmail.com



(Música da canción "Tallarín"): Eu teño unha habilidade, unha habilidade que é ....

mércores, 27 de maio de 2020

Continuemos recollendo os tapóns solidarios

Aínda que este curso non nos incorporemos á escola, en canto iniciemos o vindeiro curso, agardamos facer a recollida de tapóns que estades a xuntar nas casas. 


Grazas á vosa colaboración coa entrega de tapóns este curso, acadamos que un grupo de alumnado desenvolvera a súa competencia matemática, sendo quen de:

a) Realizar as pesadas semanais de tapóns.

b) Rexistrar nun gráfico a cantidade recollida cada semana.

c) Realizar unha comparativa entre meses.

d) E o que é máis importante:  
Aprender matemáticas dun xeito divertido ➕
Agardar a quenda para pesar ou colorear a gráfica ⏳
A importancia da solidariedade e da colaboración de toda a comunidade educativa 👫👬👭




---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com



martes, 26 de maio de 2020

O "efecto pantalla"



Accede na imaxe ao artigo sobre o "efecto pantalla".


«Nacemos cun cerebro sen desenvolver, e durante os dous primeiros anos aumenta o triple o seu tamaño, e faino  como resposta directa á estimulación externa. Por iso nos preocupa tanto a sobreestimulación dun cerebro en desenvolvemento, xa que pode acurtar o período de atención». 

Dimitri Christakis. 


---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

luns, 25 de maio de 2020

Círculos de confianza

CÍRCULO DE CONFIANZA: APRENDEMOS OS DIFERENTES TIPOS DE RELACIÓNS QUE TEMOS

Con esta actividade ensinamos de xeito explícito e personalizado os diferentes tipos de relacións que se teñen.  
É válida tanto para Infantil como para Primaria, adaptando a linguaxe. 
Podemos aproveitar para traballar sobre habilidades conversacionais (Como falamos con persoas da familia? Como falamos con persoas descoñecidas? Como saudamos ás persoas da familia? Como saudamos ás persoas coñecidas?), condutas axeitadas en público e en privado, etc.
MANS Á OBRA

NECESÍTASEun folio ou cartolina grande e rotuladores ou lapis de cores. Incluso se poden empregar fotos reais das persoas.

Pódese facer a man ou descargar este documento e cubrilo:

1º) Introducimos o tema. Podemos preguntar: Sabes o que significa a confianza? Explicarllo se o precisa, adaptándonos á súa linguaxe: "a confianza significa ter seguridade cando estamos con alguén, fiarse da outra persoa, familiaridade, alguén a quen podes pedir axuda e contarlle os teus problemas...".

2º) Os círculos. Se non imprimimos, podemos debuxar os círculos e iremos engadíndolles os nomes ou fotos das persoas.

Círculo 1: EU.
Preguntámoslle "En quen confías máis? Se tes un problema que fas?" É probable que diga "buscar a alguén", neste caso debemos buscar exemplos que potencien a súa autoconfianza e autoestima: "cando tes un problema, primeiro intentas solucionalo ti buscando alternativas. Se che apetece algo, primeiro ti o buscas, tratas de conseguilo...".

Círculo 2: FAMILIA OU MOITA CONFIANZA.
Preguntámoslle: "Con quen podes contar sempre sen condicións? A quen podes acudir se non podes resolver un problema?". Se nomea amigas/os, podemos poñer exemplos para que vexa que antes que as/os amigas/os, hai outro grupo, por exemplo: "se tes unha enfermidade, quen te coida?". Se nomea soamente a un dos proxenitores, podemos facerlle ver que toda a familia é un núcleo de confianza, de todos xeitos, debemos respectalo, xa que é o seu círculo de confianza.
Círculo 3: AMIGAS/AMIGOS (OU MEDIA CONFIANZA).
Preguntámoslle: "Con que persoas podes falar de moitas cousas, te divirtes ou podes pedirlle un favor?". Debemos facerlles ver, sobre todo en nenas e nenos maiores, que as amigas e os amigos non teñen por que ser persoas da súa idade coas que se entreteñen. 
Círculo 4: COMPAÑEIRAS/OS (OU POUCA CONFIANZA)
Preguntámoslle: "Con que persoas o pasas ben pero non podes pedirlles axuda ou contarlle un segredo? Fas o mesmo con todas as túas compañeiras? Se non é o teu amigo íntimo xa non podes pasar un bo rato xogando con el?".  
Trátase de que sexan quen de transmitirnos, algo que é máis complexo en nenas/os de Infantil e nos primeiros cursos de Primaria e o entenden mellor facendo referencia ao alumnado doutras aulas, que hai certa diferencia entre amigas/os e compañeiras/os porque aínda que o pase ben con ambos, non se tratan igual. 
Círculo 5: PERSOAS COÑECIDAS (OU MOI POUCA CONFIANZA)
Preguntámoslle: "Coñeces a alguén que saúdes a miúdo pero con quen non falas nada máis? Hai persoas que coñeces porque as ves con frecuencia polas rúas? Recoñeces a quen vende na panadaría ou no supermercado?".
Trátase de transmitirlle que coas persoas coñecidas pódense ter conversas pero normalmente sobre temas pouco relevantes, incluso ás veces, so as saudamos. 
Ás persoas coñecidas coñecémolas porque están no noso contorno ou coñecen a familiares ou amigas/os. Non podemos confiar ata que non pasen a outro círculo (algunhas persoas coñecidas nunca o farán).

Círculo 6: PERSOAS DESCOÑECIDAS (OU NINGUNHA CONFIANZA)
Preguntámoslle: "Algunha vez che preguntaron por algo na rúa ou no parque? Lémbraste das persoas coas que te cruzaches pola rúa?" As persoas descoñecidas son todas as persoas coas que nos cruzamos pola rúa e que non coñecemos. 
Pode ser interesante poñer exemplos de situacións para que analicen se as persoas que aparecen son ou non descoñecidas, por exemplo, se saben o nome da persoa, se din que son amigos de papa, se che soa a cara dalguén...


venres, 22 de maio de 2020

O blog do alumnado

Hai anos o colexio contaba cun blog no que o alumnado facía as súas propias publicacións sobre libros, excursións... Imos retomar esta actividade de creación do propio alumnado pero, como aquel blog xa non existe, agora temos este novo blog para as vosas publicacións: 


Recibiredes por Abalar o contrasinal para comezar a publicar ou podedes enviarnos un correo pedindo o contrasinal a montemogosorienta@gmail.com
Agardamos que lle deades moita vida a este novo blog 🔊

Lembrando o magosto

Compartimos aquí unhas imaxes do último magosto.

Pasámolo moi ben cos xogos da Asociación Juan XXIII e as castañas estaban quentiñas e boísimas, lembrádesvos?


xoves, 21 de maio de 2020

Familias e ansiedade durante a pandemia


Pincha na imaxe para acceder ao artículo de Eva Millet: 

"Como pode protexerse a familia da ansiedade que provoca a pandemia".

mércores, 20 de maio de 2020

O valor de esforzarse


Esta é unha curta sobre a importancia do esforzo. 

Un xeito de ensinar a importancia do esforzo consiste en que vexan un exemplo en nós, nais e pais. Podemos falar coa nosa filla ou co noso fillo e explicarlle que temos un reto como, por exemplo, facer un percorrido en bicicleta, facer un puzzle de 1.000 pezas, participar nunha carreira..., e facerlles partícipes do noso reto e de que supón un esforzo continuado no tempo. Transmitimos que temos capacidade, que o que nos propoñemos require un esforzo e que ela ou el tamén ten capacidade e pode esforzarse para acadar o que se propón.

Por outra parte, é preciso ensinarlles a ser persoas críticas con algunhas mensaxes publicitarias falsas como, por exemplo, "aprende inglés en dous meses sen esforzo". A vida é esforzo, podemos ser vulnerables pero podemos ser quen de erguernos, relativizar os problemas e esforzarnos por acadar  os nosos propósitos. 

Aquí tedes unhas recomendacións lectoras que poden ser útiles para que as nais e os pais ensinemos ás nenas e aos nenos a enfrontar as dificultades coas que se poden atopar. 

            

luns, 18 de maio de 2020

18.05.20 Día internacional dos museos 2020: Museos pola igualdade.

Hoxe, 18 de maio, é o Día Internacional dos Museos.   🏟 
Cada ano o ICOM (International Council of Museums) selecciona unha temática. 
A deste ano non nos pode gustar máis, aquí tedes o cartel que ilustra esta conmemoración:
Queres pintar o teu propio cartel do Día Internacional dos Museos? Aquí o tes:

venres, 15 de maio de 2020

Día Internacional das Familias

Hoxe, 15 de maio, é o DÍA DAS FAMILIAS 👪👫👶👭👬👱👴👵👵
Desexamos que desfrutedes co conto "Un puñado de botóns", que ilustra a cantidade de familias diferentes que existen, cal é a túa? 
Este conto foi realizado de xeito colaborativo entre os Departamentos de Orientación do CEP Sequelo de Marín e o do noso colexio  🏣 + 🏤



----------
No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

xoves, 14 de maio de 2020

14.05.20 Webinar para nais e pais: Como axudar a estudar mellor dende a casa


Animádevos a participar hoxe mesmo ás 18h no webinar coa psicopedagoga Alba Carbonell sobre como axudar ás fillas e aos fillos a estudar mellor dende a casa. Vémonos!

mércores, 13 de maio de 2020

13.05.20 Día das nenas e dos nenos hospitalizadas/os

"Moitos bicos para facervos sorrir, un mar de bicos que levo dentro, van polo aire, van polas rúas...!"

Hoxe é o Día das nenas e dos nenos que están nos hospitais. Para quen estivemos de peques moito tempo nun hospital, sabemos que é unha experiencia difícil de esquecer. 

Seguro que se pechas os ollos e lanzas un bico dende onde esteas para unha nena ou un neno que está no hospital, chegaralle o teu bico con poderes para curar. 






---------------
çNo blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

martes, 12 de maio de 2020

12.05.20 Decálogo para un confinamento dixital saudable e Infografía sobre Fortnite

Accede nesta imaxe ás recomendacións que nos fan dende a web Pantallas Amigas para un confinamento dixital saudable.


Infografía elaborada por Érguete sobre o xogo Fortnite que a miúdo é obxecto de moitas dúbidas e preguntas por parte das familias.

luns, 11 de maio de 2020

11.05.20 O taboleiro do cole

O taboleiro do cole medra grazas ás achegas do alumnado, familias, profesorado...  

Aínda non fixeches a túa achega? A que agardas? Dálle ao + e fai que medre! É moi doado acceder a el, so tedes que entrar neste enderezo tan sinxeliño: bit.ly/taboleiro 




sábado, 9 de maio de 2020

9 de maio: Día de Europa

Hoxe é o Día de Europa. É unha data que a Consellería de Educación recomenda conmemorar nos centros de ensino.


Pincha na imaxe para acceder a diferentes actividades online para conmemorar esta data.



venres, 8 de maio de 2020

08.05.20 Vídeo para nais e pais sobre o confinamento en menores

Accede ao vídeo Educar a tus hijos durante el confinamiento. Varios expertos falan para as familias sobre o método Montessori, neuroeducación, disciplina positiva e conflitos. 



mércores, 6 de maio de 2020

06.05.20 Coidado medioambiental, accede e, se che gusta, dálle o teu like!

Lembrades que no cole estabamos a traballar moito no desenvolvemento sostible? 🌍

Aquí tedes un vídeo feito por dous alumnos e una alumna dun centro de Secundaria que tratan de acadar likes para sacar adiante o seu proxecto de emprendemento laboral. 

Gústache? Dálle o teu like. 👍


martes, 5 de maio de 2020

05.05.20 Puzzles online para peques e maiores

Os puzzles, ademais de entreter, poden desenvolver as nosas capacidades visoespaciais e de autocontrol. Proba con estes!



PUZZLE DE 12 PEZAS:
preview12piecegrand parents family

PUZZLE DE 15 PEZAS:

preview15pieceGrafik Vierfuessler kor
PUZZLE DE 35 PEZAS:

preview35piece



Don't Bully

luns, 4 de maio de 2020

Convocatoria ESTALMAT para o estímulo do talento matemático

Convocatoria para familias do alumnado nado no ano 2007 e 2008

ESTALMAT leva a cabo cada curso unha convocatoria para estimular o talento matemático entre o estudantado. ➕➖➗✖

Accede na imaxe á información:


Neuroeducación. Claves para a xestión das emocións. Webinar

Webinar con Rafael Guerrero, experto en Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH), trastornos da aprendizaxe e trastornos da conducta (Fundación ADANA). Terá lugar o 6 de maio ás 19h. Pulsa na imaxe para inscribirte:


domingo, 3 de maio de 2020

Xuntanza das familias coa orientadora o luns 4 de maio ás 17h.

⏰O luns 4 de maio ás 17h propoñémosvos unha xuntanza online das familias, moderada pola orientadora. De haber unha alta demanda de participación, levaríase a cabo en sesións diferentes (17h e 19h). Comunicaríase con antelación.


👭👫Trátase dunha xuntanza aberta á participación das nais e dos pais do noso alumnado, ou outro membro da familia, responsable da/do menor. 

📧Para participar nesta xuntanza, enviade antes do luns 4 ás 13h un email a montemogosorienta@gmail.com.

💻📱Levarémola a cabo a través de eduxunta.webex.com, por ser a plataforma recomendada pola Consellería de Educación para realizar videoconferencias. 

O funcionamento da xuntanza será o seguinte:

Falaremos sobre 2 cuestións relevantes. Primeiro levarei a cabo unha introdución de cada unha das cuestións e, a continuación, voluntariamente podedes facer comentarios ao respecto. Estas son as cuestións a tratar:

1) Sodes quen de transmitir o positivo da situación de confinamento ás vosas fillas/aos vosos fillos?

2) Que vos preocupa desta situación? Aspectos emocionais, cuestións escolares, o uso (abuso) das pantallas...?

Accedede aquí á información para levar a cabo a conexión a través de webex:


                         (Adaptación do videotitorial da Xunta de Galicia para alumnado)

Resumo do videotitorial:


O funcionamento é sinxelo e podedes participar por diferentes medios:

  • Ordenador: usando un navegador de internet (chrome, firefox, safari)
  • Teléfono móbil ou tablet: instalando a aplicación Cisco Webex Meetings.
  • Teléfono fixo: Chamando a un dos seguintes teléfonos 912158236, 917911283.
Os equipos que teñen o sistema operativo Linux (como os equipos E-Dixgal de 5º e 6º) precisan instalar a versión 75 do navegador Firefox para facer uso de Webex (pasos para a actualización de Firefox).


Enviareivos a convocatoria da videoconferencia a través do voso correo electrónico: incluirá un código de reunión e un contrasinal.


Consello: mirade o videotitorial e, no caso de facer uso de móbil ou tablet, instalade a app. Deste xeito estaredes listos a tempo para a conferencia conferencia. Podedes consultar calquera dúbida no email: montemogosorienta@gmail.com



sábado, 2 de maio de 2020

02.05.20 Día Internacional contra o Acoso Escolar


Hoxe, 2 de maio, é o Día Internacional contra o Acoso Escolar. É unha data que a Consellería de Educación insta a conmemorar nos centros educativos.

Dende aquí queremos difundir o Protocolo de actuación para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso co que contamos para axudar a nenas e nenos e ás súas familias de sufrir este tipo de situación totalmente intolerable.