venres, 6 de abril de 2018

Obradoiro 5º de Primaria

Hoxe o alumnado de 5º de primaria iniciou a súa participación neste obradoiro de Competencias Socioemocionais da man de Bibiana Camaño. Continuaremos en cinco sesións máis aprendendo a adquirir e a poñer en práctica ditas competencias.

Concurso Escolar ONCE

Temos unha boa nova e é que, ademais de ter pasada a fase provincial do Concurso Escolar da ONCE co traballo "Nosotros somos capaces de... to change our school", hoxe mesmo informáronos que estamos na... ¡tatachán...! ¡fase nacional!

Desde este enlace podedes acceder ao cartel co que participamos nós:

https://www.concursoescolaronce.es/ganadores/?t=provincial

A que nos quedou xenial 👍