MONTEMOGOS Contacto: 886 15 11 14 montemogosorienta@gmail.com CELA Contacto: 886 15 11 13 orientacion@ceiptorrecela.org
domingo, 11 de outubro de 2015
Inicio do curso MOOC Seguridade TIC e menores de idade para educadores
Considerades que estamos preparados para “educar” e acompañar aos nosos menores no uso das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) e Internet?
"Educar, educa a familia", é un dito que cada vez se escoita máis entre nais, pais, educadoras e educadores... Non obstante, no ámbito tecnolóxico, principalmente en zonas rurais, como a zona na que se atopa o noso centro educativo, en ocasións algún alumnado so ten acceso a recursos conectados a través de Internet nas aulas, considero que o profesorado ten moitas tarefas pendentes para educar ao alumnado e acompañalo no uso das TIC e Internet, para o que require dun coñecemento e formación específicos para abordar dita tarefa.
Son escasas as actividades de formación dirixidas ás familias relacionadas coa prevención dos riscos que pode supor a navegación na rede ou o uso de recursos tecnolóxicos e, en cambio, nos centros educativos constitúe un contido que cada curso escolar se programa e se conta con especialistas que transmiten ao alumnado e, nalgunhas ocasións ás escasas familias participantes, as principais formas de prevención dos posibles riscos e o modo de resolver os problemas que se poden atopar os menores nos espacios que comezan a frecuentar, principalmente cara a finais da etapa de Primaria.
Considero que é unha labor das familias e do profesorado levar a cabo esta educación dos nosos fillos e fillas/alumnos e alumnas.
#SeguridadTICmenores
https://twitter.com/hashtag/seguridadticmenores
venres, 25 de setembro de 2015
Traballando a CONVIVENCIA
Outro curso máis contaremos coa colaboración de expertos do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS.
Concretamente, aboradaremos os seguintes temas:
- INTERNET E REDES SOCIAIS: 9 de outubro (alumnado de 5º e 6º Primaria) e 24 de maio (familias e profesorado).
- VIOLENCIA SOBRE A MULLER E DISCRIMINACIÓN: 24 de novembro (alumnado de 5º e 6º Primaria).
- ACOSO ESCOLAR: pendente da data de celebración.
+ INFO
Concretamente, aboradaremos os seguintes temas:
- INTERNET E REDES SOCIAIS: 9 de outubro (alumnado de 5º e 6º Primaria) e 24 de maio (familias e profesorado).
- VIOLENCIA SOBRE A MULLER E DISCRIMINACIÓN: 24 de novembro (alumnado de 5º e 6º Primaria).
- ACOSO ESCOLAR: pendente da data de celebración.
+ INFO
mércores, 16 de setembro de 2015
BECAS ACNEAE
ATA O 30 DE SETEMBRO (INCLUSIVE) ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO.
Información da convocatoria 2015/2016.
SOLICITUDE
Unha vez realizada a solicitude, deberá entregarse no colexio á Xefa do Departamento do Orientación para a súa tramitación.
Información da convocatoria 2015/2016.
SOLICITUDE
Unha vez realizada a solicitude, deberá entregarse no colexio á Xefa do Departamento do Orientación para a súa tramitación.
mércores, 4 de marzo de 2015
xoves, 19 de febreiro de 2015
luns, 9 de febreiro de 2015
Este curso 2014/2015 o noso centro atópase en Contratos-Programa nas modalidades:
- Programa de reforzo, orientación e apoio (PROA): modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo. Lévase a cabo os luns e mércores en horario de 16.00h a 18.00h.
- Mellora da convivencia nos centros e da prevención do abandono temperán e do absentismo escola. Nesta iniciativa engadiuse ao equipo de mediación do colexio, co que contamos desde hai cinco cursos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)