domingo, 27 de setembro de 2020

Resultados da enquisa ás familias sobre temas para os Encontros de Familias

Dende aquí podedes acceder aos resultados da enquisa ás familias sobre que temáticas son do voso interese de cara a organizar os Encontros de Familias 👪👬👭

Por outra banda, tamén vos informamos de que trataremos de levar a cabo algunha/s xornada/s para axudar ás nais e aos pais ao manexo das tecnoloxías (móbil, portátil, tablet...) co fin de axudar a fillas e fillos nas tarefas escolares 💻📱

 

sábado, 26 de setembro de 2020

Webinar "Claves para potenciar a aprendizaxe dende a casa".

 


Rafael Samper, experto no método Kumon, analizará os obxectivos para poder espertar e potenciar nas fillas e nos fillos a emoción de aprender, as habilidades que precisan para facelo con autonomía, sexa en clases presenciais ou online. 

venres, 25 de setembro de 2020

No colexio protexémonos coas máscaras

As nenas e os nenos do cole realizamos os nosos retratos con máscara 

Protéxeme, protéxete, usa a máscara!




mércores, 23 de setembro de 2020

Día Internacional da Lingua de Signos

Hoxe, 23 de setembro, conmemoramos no cole o Día Internacional da Lingua de Signos 👋👐

Aprendemos algúns signos (ola, bos días, aplausos...) e fixemos un vídeo 📹

Queredes vernos? 



Música: "Don Signo" de MamiSigna (https://youtu.be/kF64ch_T-kM)


martes, 22 de setembro de 2020

Vídeo sobre a volta á escola

Escoitade a Silvia Álava dando interesantes recomendacións nesta volta ás aulas tan atípica

Merece moito a pena escoitala de principio a fin 👈



luns, 21 de setembro de 2020

Conto "Contaxio"

"Contaxio" é un conto emocional escrito por Ledicia Costas, María Solar e Fran Alonso. 

É unha viaxe polo dicionario para averiguar como se sinte a palabra "contaxio" e imos coñecendo a súa relación con outras palabras como "medo", "inxustiza" ou "pobreza", pero tamén as oportunidades que lle brindan as palabras "vacina", "mediciña" ou "investigación".



venres, 18 de setembro de 2020

Tapóns solidarios para a Asociación Juan XXIII

Este curso continuamos coa recollida de tapóns solidarios. 

Podedes deixar os vosos tapóns no contedor que atoparedes na entrada do colexio

Cada vez que consigamos encher o cubo de tapóns, serán recollidos pola Asociación Juan XXIII  co fin de colaborar cos fins desta asociación para a inclusión das persoas con discapacidade. 

Contamos cos vosos tapóns solidarios!



xoves, 17 de setembro de 2020

Teléfono do Dpto. de Orientación

Co fin de facilitar a comunicación entre as persoas que traballamos no Departamento de Orientación e as familias, informámosvos de que contamos cunha liña de atención telefónica na que podedes plantexarnos as vosas dúbidas ou solicitarnos información sobre diferentes aspectos (emocionais, escolares...)  das vosas fillas ou dos vosos fillos. 


📞886 15 11 14


Non dubidedes en contactar connosco.


martes, 15 de setembro de 2020

luns, 14 de setembro de 2020

Webinar para familias: Estratexias emocionais para afrontar a volta á escola

A volta á escola precisa como nunca antes de estratexias de apoio emocional por parte do profesorado e das nais, pais, adultos responsables de nenas e nenos. 

1) Necesitan volver á escola?
2) Este curso todos (familias, docentes, nenas e nenos) necesitamos soporte emocional.
3) Como podemos axudar ás nenas e aos nenos na volta á escola?

Dende aquí vos convidamos a asistir a este webinar:



Pinchade na imaxe para acceder á información e inscribirvos.


Charla do neuropsicólogo Álvaro Bilbao: o cerebro de nenas e nenos.

Como é o cerebro infantil? 👧👦

Coñecelo pode servir de axuda a nais e pais para aprender a educar ás nenas e aos nenos?




Pincha na imaxe para acceder a máis información e inscribirte nesta charla online.

luns, 7 de setembro de 2020

Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Pincha para acceder á información sobre as Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (discapacidade, trastorno grave de conduta, trastorno do espectro autista e altas capacidades):

 


Débese realizar a solicitude antes do 30 de setembro a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional e entregarlla á orientadora do colexio.

Volta á escola

 Benvidas e benvidos un novo curso a este espazo virtual! 👋


Dentro de poucos días poderemos chiscarnos o ollo, chocar o cóbado, compartir sorrisos, inquedanzas... 😉


Estamos desexando recibirvos no cole e para iso todo o profesorado e o persoal non docente está a traballar para acadar un espazo de aprendizaxe no que prioricemos o coidado da saúde do alumnado e das familias. 


Seguro que son moitas as dúbidas que vos está xerando o regreso ás aulas e pode que as vosas fillas e os vosos fillos estean a preguntarvos como vai ser a volta ao cole. A través dos medios virtuais dos que dispón o colexio (web, abalar, facebook, blogs, email, chamadas telefónicas...) poderedes resolver as vosas dúbidas e plantexarnos calquera cuestión que vos preocupe. 📱💻📞


Aínda que é necesario advertir ás nenas e aos nenos que o inimigo "COVID-19" é invisible e continúa aí, é preciso darlles "ferramentas" útiles para protexerse: 

1) Distancia de seguridade.

2) Uso de máscara.

3) Limpeza ou lavado das mans.

4) Accións a evitar: tocarnos os ollos, frotar o nariz... 

Estas ferramentas que están a aprender con vós na casa, tamén serán traballadas na escola dende o primeiro día de clase co fin de facer da escola un espazo seguro para todas as persoas que formamos parte da comunidade escolar.

 Arrancamos! 💪