Se es mamá, papá, avó, avoa, tía... de alumnado do colexio, podes asistir á charla para familias sobre USO E RISCO DAS TECNOLOXÍAS.
Terá lugar o martes 24 de maio ás 17h no colexio Beluso organizada pola Asociación Érguete. Agardámoste!

MONTEMOGOS Contacto: 886 15 11 14 montemogosorienta@gmail.com CELA Contacto: 886 15 11 13 orientacion@ceiptorrecela.org
Se es mamá, papá, avó, avoa, tía... de alumnado do colexio, podes asistir á charla para familias sobre USO E RISCO DAS TECNOLOXÍAS.
Para conmemorar esta data, no colexio de Beluso fixemos unha cadea contra o acoso escolar e no colexio de Cela demos voz aos carteis que transmiten o valor da amizade.
Se es mamá, papá, avó, avoa, tía... de alumnado do colexio, dende aquí podes inscribirte nas charlas para familias que terán lugar nos colexios de Cela e Beluso organizadas pola Asociación Érguete.
Podes participar nunha ou nas dúas. Clica nas imaxes para inscribirte 👈 Vémonos!
"Unha feliz viaxe pola vida", este é o lema escollido para conmemorar este ano o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
Animádesvos a realizar as propostas que nos ofrecen aos colexios?
Unha delas consiste en debuxar, pictografar, redactar... que é para cada alumna e alumno a felicidade.
Aquí tedes o documento para recoller as elaboracións do alumnado.
Apetécevos sumarvos á campaña deste ano que nos propoñen desde as Asociacións para persoas con Síndrome de Down?
Aquí tedes o tráiler da película, feita en Galicia, Valentina. Seguro que quedades con ganas de mirar a peli 👀
Outros vídeos interesantes:
Cromocuento: o Síndrome de Down explicado para nenas e nenos.
Experiencia inclusiva nunha escola.
O Síndrome de Down, a visión inclusiva dunha nai.
O alumnado e persoal docente e non docente dos colexios A Torre-Cela e Montemogos sumáronse as peticións de PAZ PARA UCRAÍNA que están a ter lugar en moitísimos centros educativos.
Desexamos que a masacre remate e que o DIÁLOGO sexa o medio para a resolución dos conflitos, tal e como se aprende na escola.