O inicio do estado de alarma fíxonos ver que somos vulnerables, que a especie humana é vulnerable, e que, a pesar de todas as conexións que nos permitiron a wifi ou os datos a través de emails, videochamadas, mensaxería..., non fomos quen de establecer a verdadeira conexión, a máis real e humana de todas, que é a conexión emocional entre nenas, nenos, nais, pais, familias, persoal non docente e profesorado.
Aprendemos que é o que realmente botamos de menos, moitas nenas e moitos nenos foi a primeira vez que percibiron a sensación de botar de menos.
Aprendemos que queremos volver xuntarnos, ver o sorriso da persoa que está ao noso carón, darnos unha aperta, collernos da man, xogar, bicarnos, compartir xogos... sen medo.
Aprendemos o que significa perder parte da nosa liberdade e que en situacións coma esta se agravan as necesidades derivadas dos problemas económicos e da convivencia e se incrementan a inseguridade e a incertidume.
Aprendemos que as familias realizaron un esforzo único para dar continuidade ao proceso educativo das fillas e dos fillos, para que seguiran na medida do posible o ritmo marcado polo profesorado e que, a pesar dos momentos en que xa non se podía máis, sacaron ánimo e forza para seguir adiante motivando ás nenas e aos nenos para realizar as tarefas e non perder o vínculo coa escola. Nalgúns casos, as situacións familiares, os traballos ou as dificultades atopadas foron un obstáculo para seguir adiante e aí a colaboración do profesorado e o seu tesón para axudar ás familias, nunca esvaeceu.
Aprendemos que o profesorado do colexio é quen de sacar adiante a escola a pesar das dificultades atopadas, de abrir novos camiños, de formarse na distancia e de aprender do que cada familia nos transmite para tratar de facelo mellor.
Aprendemos a poñer os piares para facer unha nova escola entre todas as persoas que formamos parte dela.
Dende este recuncho virtual, desexamos voltar vervos a todas e cada unha de vós, tamén ao noso alumnado de 6º que hoxe se despide porque medrou e marcha do colexio.
Agardámosvos o vindeiro curso!
Que bonito, Vanesa.Un año para no olvidar en todos los sentidos.
ResponderEliminar