mércores, 7 de xuño de 2023

Visitamos o IES Illa de Ons

Cada curso, o IES Illa de Ons, ao que están adscritos os colexios de Cela e Beluso, da man de Silvia, a orientadora, recibe ao alumnado de 6° de Primaria dos dous coles e ao alumnado doutros coles que se unirán o curso que vén nas súas aulas. 

Resultou moi satisfactoria esta visita na que coñecemos as aulas, o laboratorio, o salón de actos, o ximnasio, a biblioteca..., fixemos un obradoiro de chapas con Olalla, a profe de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, e María, a profe de Bioloxía e Xeoloxía, e... compartimos o recreo co alumnado do instituto!

Xa queda moi pouco para que o alumnado de 6° remate Primaria e inicie a ESO e, por suposto, nos coles imos botalos moito de menos. Só podemos desexarlles o mellor nesta nova singradura. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario