domingo, 3 de maio de 2020

Xuntanza das familias coa orientadora o luns 4 de maio ás 17h.

⏰O luns 4 de maio ás 17h propoñémosvos unha xuntanza online das familias, moderada pola orientadora. De haber unha alta demanda de participación, levaríase a cabo en sesións diferentes (17h e 19h). Comunicaríase con antelación.


👭👫Trátase dunha xuntanza aberta á participación das nais e dos pais do noso alumnado, ou outro membro da familia, responsable da/do menor. 

📧Para participar nesta xuntanza, enviade antes do luns 4 ás 13h un email a montemogosorienta@gmail.com.

💻📱Levarémola a cabo a través de eduxunta.webex.com, por ser a plataforma recomendada pola Consellería de Educación para realizar videoconferencias. 

O funcionamento da xuntanza será o seguinte:

Falaremos sobre 2 cuestións relevantes. Primeiro levarei a cabo unha introdución de cada unha das cuestións e, a continuación, voluntariamente podedes facer comentarios ao respecto. Estas son as cuestións a tratar:

1) Sodes quen de transmitir o positivo da situación de confinamento ás vosas fillas/aos vosos fillos?

2) Que vos preocupa desta situación? Aspectos emocionais, cuestións escolares, o uso (abuso) das pantallas...?

Accedede aquí á información para levar a cabo a conexión a través de webex:


                         (Adaptación do videotitorial da Xunta de Galicia para alumnado)

Resumo do videotitorial:


O funcionamento é sinxelo e podedes participar por diferentes medios:

  • Ordenador: usando un navegador de internet (chrome, firefox, safari)
  • Teléfono móbil ou tablet: instalando a aplicación Cisco Webex Meetings.
  • Teléfono fixo: Chamando a un dos seguintes teléfonos 912158236, 917911283.
Os equipos que teñen o sistema operativo Linux (como os equipos E-Dixgal de 5º e 6º) precisan instalar a versión 75 do navegador Firefox para facer uso de Webex (pasos para a actualización de Firefox).


Enviareivos a convocatoria da videoconferencia a través do voso correo electrónico: incluirá un código de reunión e un contrasinal.


Consello: mirade o videotitorial e, no caso de facer uso de móbil ou tablet, instalade a app. Deste xeito estaredes listos a tempo para a conferencia conferencia. Podedes consultar calquera dúbida no email: montemogosorienta@gmail.com



3 comentarios:

  1. Interesante proposta, Vanessa. Grazas

    ResponderEliminar
  2. Familias, moitas gracias por as aportacións e opinións que me axudan a reflexionar sobre aspectos profesionais que podo e debo mellorar.
    Grazas.

    ResponderEliminar