Esta é unha curta sobre a importancia do esforzo.
Un xeito de ensinar a importancia do esforzo consiste en que vexan un exemplo en nós, nais e pais. Podemos falar coa nosa filla ou co noso fillo e explicarlle que temos un reto como, por exemplo, facer un percorrido en bicicleta, facer un puzzle de 1.000 pezas, participar nunha carreira..., e facerlles partícipes do noso reto e de que supón un esforzo continuado no tempo. Transmitimos que temos capacidade, que o que nos propoñemos require un esforzo e que ela ou el tamén ten capacidade e pode esforzarse para acadar o que se propón.
Por outra parte, é preciso ensinarlles a ser persoas críticas con algunhas mensaxes publicitarias falsas como, por exemplo, "aprende inglés en dous meses sen esforzo". A vida é esforzo, podemos ser vulnerables pero podemos ser quen de erguernos, relativizar os problemas e esforzarnos por acadar os nosos propósitos.
Aquí tedes unhas recomendacións lectoras que poden ser útiles para que as nais e os pais ensinemos ás nenas e aos nenos a enfrontar as dificultades coas que se poden atopar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario