MONTEMOGOS Contacto: 886 15 11 14 montemogosorienta@gmail.com CELA Contacto: 886 15 11 13 orientacion@ceiptorrecela.org
xoves, 2 de marzo de 2023
sábado, 18 de febreiro de 2023
Conferencia ASPERGA
Polo Día das persoas con Asperger, organízase unha conferencia interesante dirixida ao colectivo das familias, sanitario e educativo.
luns, 30 de xaneiro de 2023
Luns 6 de febreiro: Charla para as familias
O luns 6 de febreiro ás 16h terá lugar no colexio de Beluso unha charla para as familias da man de Érguete.
mércores, 18 de xaneiro de 2023
Exposición "Cartas de amor: artistas contra a violencia de xénero".
Cartas de Amor: artistas contra a violencia de xénero é unha mostra do cómic galego sobre a violencia de xénero, con debuxos de autores de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai.
Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala.
venres, 9 de decembro de 2022
Contacontos en prol da igualdade.
Esta semana, por xentileza do CIM do Concello de Bueu, tivemos connosco a Uxía González Morán, actriz e contacontos, con diferentes contos que rachan cos estereotipos de xénero á procura dunha sociedade máis igualitaria.
domingo, 20 de novembro de 2022
20 de Novembro: Dereitos da Infancia.
Hoxe conmemórase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Hai nenas e nenos aos que non se lles permite gozar destes dereitos.
Aquí temos recollidos algúns dos seus dereitos:
venres, 18 de novembro de 2022
25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O 25 de Novembro realizaremos a Marcha contra a Violencia de Xénero como mostra de repulsa ante este problema que nos involucra a todas as persoas.
Este é o cartel das actividades organizadas polo Concello de Bueu con motivo desta data:






