Hoxe, 3 de decembro, conmemoramos no colexio que cada persoa é diferente e todas merecemos ser respectadas. 👩👨👧👦👲👱
Ás 12:30 invitamos a todo o alumnado, persoal non docente, familias e profesorado a asistir ao evento de conmemoración dende a Biblioteca a través dunha "Conexión Biblioteca", na que un grupo de alumnado de 5º nos contou "Por cuatro esquinitas de nada" na mesa de luz e, a continuación, o alumnado de 2º de Primaria, nos relatou como foi a súa saída por Beluso con cadeira de rodas e andador. Faláronnos de accesibilidade e nos retaron a localizar barreiras arquitectónicas (podemos deixar as barreiras atopadas por escrito no buzón colocado na entrada do colexio durante o mes de decembro ou a través do email montemogosdixital@gmail.com).
Animádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario