Xa vai facer un mesiño que estamos no cole e é bastante diferente ao cole que coñeciamos.
Hai moito que se bota en falta: ver os sorrisos ou os ocos deixados polos dentes que caíron, a entrada chea de mamás, papás, avoas, avós, nenas e nenos, a emoción coa que ensinan un xoguete ou un libro traído da casa, ata se botan de menos as gaivotas pousadas no tellado para arrasar coas miguiñas das merendas...
E vós, que botades de menos? Podedes deixar un comentario co que botades de menos.
Como di a canción que compartimos con vós, todo vai ir ben! Coidémonos moito e moito ánimo!
As charlas, parrafadas e risas do clube de lectura de Adultos.
ResponderEliminarEu boto de menos que os nenos e nenas non podan ter as mans "sucias" no cole.
ResponderEliminar