Benvidas e benvidos un novo curso a este espazo virtual! 👋
Dentro de poucos días poderemos chiscarnos o ollo, chocar o cóbado, compartir sorrisos, inquedanzas... 😉
Estamos desexando recibirvos no cole e para iso todo o profesorado e o persoal non docente está a traballar para acadar un espazo de aprendizaxe no que prioricemos o coidado da saúde do alumnado e das familias.
Seguro que son moitas as dúbidas que vos está xerando o regreso ás aulas e pode que as vosas fillas e os vosos fillos estean a preguntarvos como vai ser a volta ao cole. A través dos medios virtuais dos que dispón o colexio (web, abalar, facebook, blogs, email, chamadas telefónicas...) poderedes resolver as vosas dúbidas e plantexarnos calquera cuestión que vos preocupe. 📱💻📞
Aínda que é necesario advertir ás nenas e aos nenos que o inimigo "COVID-19" é invisible e continúa aí, é preciso darlles "ferramentas" útiles para protexerse:
1) Distancia de seguridade.
2) Uso de máscara.
3) Limpeza ou lavado das mans.
4) Accións a evitar: tocarnos os ollos, frotar o nariz...
Estas ferramentas que están a aprender con vós na casa, tamén serán traballadas na escola dende o primeiro día de clase co fin de facer da escola un espazo seguro para todas as persoas que formamos parte da comunidade escolar.
Arrancamos! 💪
Ningún comentario:
Publicar un comentario