domingo, 29 de marzo de 2020

Día 14. Domingo 29 de marzo de 2020

Aquí atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

Para hoxe, domingo, propoñémosvos esta tarefa:

O Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo), debido á situación actual provocada polo Covid-19, propón escribir cartas de ánimo a todas/os as/os pacientes que teñen que estar illados, para intentar reducir esa sensación de soidade e ansiedade pola enfermidade. 

É un xeito de demostrar que a loita contra o Covid-19 gáñase entre todas as persoas e pódese axudar dende a casa. Envía o teu email a: apoyocovidvigo@gmail.com

Aquí tedes a carta enviada por un neno de Cangas da Asociación Bicos de Papel:


Ningún comentario:

Publicar un comentario