MONTEMOGOS Contacto: 886 15 11 14 montemogosorienta@gmail.com CELA Contacto: 886 15 11 13 orientacion@ceiptorrecela.org
domingo, 11 de outubro de 2015
Inicio do curso MOOC Seguridade TIC e menores de idade para educadores
Considerades que estamos preparados para “educar” e acompañar aos nosos menores no uso das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) e Internet?
"Educar, educa a familia", é un dito que cada vez se escoita máis entre nais, pais, educadoras e educadores... Non obstante, no ámbito tecnolóxico, principalmente en zonas rurais, como a zona na que se atopa o noso centro educativo, en ocasións algún alumnado so ten acceso a recursos conectados a través de Internet nas aulas, considero que o profesorado ten moitas tarefas pendentes para educar ao alumnado e acompañalo no uso das TIC e Internet, para o que require dun coñecemento e formación específicos para abordar dita tarefa.
Son escasas as actividades de formación dirixidas ás familias relacionadas coa prevención dos riscos que pode supor a navegación na rede ou o uso de recursos tecnolóxicos e, en cambio, nos centros educativos constitúe un contido que cada curso escolar se programa e se conta con especialistas que transmiten ao alumnado e, nalgunhas ocasións ás escasas familias participantes, as principais formas de prevención dos posibles riscos e o modo de resolver os problemas que se poden atopar os menores nos espacios que comezan a frecuentar, principalmente cara a finais da etapa de Primaria.
Considero que é unha labor das familias e do profesorado levar a cabo esta educación dos nosos fillos e fillas/alumnos e alumnas.
#SeguridadTICmenores
https://twitter.com/hashtag/seguridadticmenores
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario