Nas
sesións que as mediadoras e os mediadores teñen coa orientadora os
mércores, practicamos a resolución de conflitos e tratamos sobre as
intervencións que facemos nos patios de infantil e primaria para axudar ao alumnado
que se ve envolto nunha pelexa, nunha discusión... a chegar a unha
solución pacífica.
Cooperamos para facer unha única construción que debe conter as distintas pezas da caixa de materiais. Nós fixemos unha torre cun reloxo enriba. Para isto primeiro falamos entre nós para acordar que queriamos facer e despois puxémonos mans á obra.
Nós na primeira sesión fixemos cada un unha parte e na seguinte sesión fomos quen de poñernos de acordo para darlle unidade á nosa construción.Para iso foi importante falar entre nós.
Nesta sesión traballamos cun material no que tivemos que interpretar o que pasaba nun debuxo e despois escribir: que pasa, que penso, que sinto e como actuaría.
Aprendemos que non é o mesmo o que eu penso que o que eu sinto. Se rompo un xarrón porque tropezo co gato, podo pensar que me vai cair unha bronca tremenda por parte da miña nai, e podo sentir medo de atoparme coa miña nai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario