A chegada do verán sempre vai acompañada da celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, que ten lugar o 28 de xuño en todas as cidades do mundo. Un día especial no que se festexa a diversidade da condición humana e o recoñecemento a todas as formas de ser e sentir.
Esta é unha data obrigada nas axendas para recoñecer e visibilizar esta diversidade, pero tamén para lembrar que nas nosas sociedades aínda se comenten inxustizas e desigualdades cara a persoas por este motivo. Recoñecer este tema un día ao ano é importante, pero non suficiente. No día a día da educación de nenas e nenos está a clave para promover unha sociedade respectuosa, que valore a riqueza de todas as diferenzas.