ACCEDE Á TODA A INFORMACIÓN SOBRE ÁS III XORNADAS DE FAMILIAS EDUCANDO EN IGUALDADE.
Anímate a participar!
MONTEMOGOS Contacto: 886 15 11 14 montemogosorienta@gmail.com CELA Contacto: 886 15 11 13 orientacion@ceiptorrecela.org
xoves, 19 de febreiro de 2015
luns, 9 de febreiro de 2015
Este curso 2014/2015 o noso centro atópase en Contratos-Programa nas modalidades:
- Programa de reforzo, orientación e apoio (PROA): modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo. Lévase a cabo os luns e mércores en horario de 16.00h a 18.00h.
- Mellora da convivencia nos centros e da prevención do abandono temperán e do absentismo escola. Nesta iniciativa engadiuse ao equipo de mediación do colexio, co que contamos desde hai cinco cursos.
mércores, 14 de maio de 2014
Practicamos a resolución de conflitos
Nas
sesións que as mediadoras e os mediadores teñen coa orientadora os
mércores, practicamos a resolución de conflitos e tratamos sobre as
intervencións que facemos nos patios de infantil e primaria para axudar ao alumnado
que se ve envolto nunha pelexa, nunha discusión... a chegar a unha
solución pacífica.
Cooperamos para facer unha única construción que debe conter as distintas pezas da caixa de materiais. Nós fixemos unha torre cun reloxo enriba. Para isto primeiro falamos entre nós para acordar que queriamos facer e despois puxémonos mans á obra.
Nós na primeira sesión fixemos cada un unha parte e na seguinte sesión fomos quen de poñernos de acordo para darlle unidade á nosa construción.Para iso foi importante falar entre nós.
Nesta sesión traballamos cun material no que tivemos que interpretar o que pasaba nun debuxo e despois escribir: que pasa, que penso, que sinto e como actuaría.
Aprendemos que non é o mesmo o que eu penso que o que eu sinto. Se rompo un xarrón porque tropezo co gato, podo pensar que me vai cair unha bronca tremenda por parte da miña nai, e podo sentir medo de atoparme coa miña nai.
venres, 19 de abril de 2013
mércores, 20 de marzo de 2013
Connosco... "Oliver Button"
Na biblioteca puidemos disfrutar coa representación de "Oliver Button é unha nena", adaptada polo alumnado do colexio Virxe Milagrosa co gallo da conmemoración do 8 de marzo, data na que a representaron no Concello.
Agora tocoulle a quenda ao noso colexio, o primeiro no que levaron a cabo esta fantástica representación en relación coa igualdade de xénero.
Agora tocoulle a quenda ao noso colexio, o primeiro no que levaron a cabo esta fantástica representación en relación coa igualdade de xénero.
sábado, 16 de marzo de 2013
Aprendizaxe cooperativa
Desde aquí podedes achegarvos a un experto en aprendizaxe cooperativa, o profesor Pere Pujolás. Trátase dun relatorio no que trata aspectos relevantes dunha experiencia que vai máis alá dunha metodoloxía.
Dispoño doutros recursos que poden ser de interese para o profesorado en relación coa aprendizaxe cooperativa, podedes facerme as vosas peticións a través dun comentario a esta entrada do blog.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

